Skip to main content

Premios para IES de Teis polo Programa Clase Sen Fume do Plan Proxecta da Xunta

Alumnado na escola vendo a demostración

Os alumnos/as de 1º ESO do IES de Teis acudiron o Palacio de Congresos de Santiago despois de ser seleccionados como finalistas polo seu traballo, xunto con outros seis centros máis de toda a comunidade, polo Programa Clase Sen Fume do Plan Proxecta da Xunta. Durante o curso tiñan que realizar un eslogan, unha representación gráfica e unha actividade creativa.

No acto de entrega de premios o IES de Teis alzouse co premio “Accésits actividade creativa” á clase de 1ºB e co premio “Clases sen fume 2015-2016” á clase de 1ºA polo que poderán disfrutar dun día no Aquapark de Cerceda e unha semana co Programa multiaventura no Complexo as Mariñas de Bergondo. O profesor e titor Ángel Álvarez Faro tamén foi galardoado co premio Innovación Educativa. Grazas o bo traballo dos rapaces e a boa orientación do seu titor tiveron unha xornada do máis gratificante.

Deixamos unhas cantas fotos da entrega de premios polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Váquez Almuiña, e colgamos o vídeo que realizaron os alumnos/as co seu titor. Non vos esquezades “Se queres durar, non has de fumar”

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License