Enviado por admin o Mér, 31/01/2024 - 18:14
O pasado 21 de decembro, o alumnado de 2º curso do CM de peiteado e CM de estética desprazouse ao CEE Saladino Cortizo para levar a cabo unha actividade colaboración entre os dous centros. Unha xornada de convivencia para potenciar a inclusión do alumnado. O alumnado do noso centro maquillou e peiteou ao alumnado do Saladino para preparalos para un desfile de Nadal. O alumnado e profesorado de ambos centros quedou encantado coa experiencia, e desexando repetir, a próxima, en Teis!
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License