Antes da estadía
Información e normas de participación:
- As mobilidades Erasmus repartiranse de forma equitativa entre os departamentos de Imaxe Persoal e Informática.
- A dotación económica varía en función do país de acollida e da duración da estancia, que será dun mínimo de 3 días máis dous de viaxe.
- Os criterios de selección son os seguintes:
- Antigüidade no centro.
- Competencias lingüísticas.
- Competencias persoais e actitudes.
- Coordinación ou implicación en proxectos europeos ou actividades realizadas en Europa.
Podes consultar aquí o protocolo completo para a elección de profesorado.
Obrigas:
- O profesorado que resulte seleccionado comprométese a completar a estadía no estranxeiro. No caso de non finalizala, salvo causas de forza maior e debidamente xustificadas, deberá devolver a axuda.
- O profesorado seleccionado deberá participar activamente en todo o proceso necesario para a consecución da realización da estadía.
- O profesorado que participe en mobilidades saíntes comprométese a participar nas mobilidades entrantes.
Inscrición:
Para participar nunha mobilidade tes cubrir o documento correspondente que podes atopar aquí.
Despois da estadía
O profesorado pode solicitar o recoñecemento da súa estadía como actividade de formación segundo se indica na seguinte resolución.