Enviado por bixe o Ven, 05/02/2016 - 12:34
Dentro das prácticas de laboratorio dedicadas ó estudo das células, observamos auga do estanque do parque da Riouxa. Na mostra fresca vimos algas do xénero Spyrogira e lentellas de auga cos seus cloroplastos. Unhas semanas despois , ó descompoñerse parte da materia, proliferaron os paramecios, que poidemos ver baixo a lupa binocular, a 40 aumentos.
Na imaxe pode apreciarse como se refuxian nos restos dunha folla de lentella de auga en descomposición.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Paramecios 1.jpg | 221.41 KB |
Paramecios 2.jpg | 251.21 KB |