Enviado por admin o Mér, 19/06/2024 - 20:05
O curso vai rematando e con el imos poñendo punto e final ás diferentes actividades, como o Club de lectura, que tivo a súa última reunión este luns.
Tocou ler La sonrisa perdida de Paolo Malatesta, de Ana Alcolea, e con el falamos das rúas de Zúrich, das súas montañas, das glicinias ou dos mirtilos. E tocou despedirse tamén, pero a medias, Camila, porque como falamos, seguirá habendo un oco para ti.
Deica o vindeiro curso!