Enviado por admin o Lun, 29/04/2024 - 23:21
Ábrese o prazo da convocatoria para a realización de mobilidades de alumnado no estranxeiro no período comprendido entre outubro e decembro de 2024. A convocatoria está dirixida ao alumnado de ciclos medios e superiores das familias profesionais de Imaxe Persoal e Informática.
Podes consultar os protocolos completos de selección aquí e o impreso aquí.
Lugar de entrega de solicitudes: Secretaria IES de Teis
Prazo fin: 20 de maio de 2024 (inclusive)
Anímate a participar!