Enviado por admin o Mér, 20/03/2024 - 20:56
O luns 11 de marzo, tivemos co Club de lectura un encontro literario máis que emotivo con Joshua Mateo, co que charlamos sobre o poemario No camiño do vento para conmemorar o Día Mundial da poesía (25 de marzo) e tamén sobre a súa dura vivencia como orfo da violencia machista. O acto foi presentado polas alumnas: Carmen, Natalia e Saray de 1º ESO. Estivemos moi contentas de convidar ao alumnado de 2º ESO coa colaboración do Grupo de Igualdade; o poñente é Axente de Igualdade, recoñecido polo Ministerio de Igualdade con La Menina na categoría “Resiliencia” pola súa labor de formación e defensa dos dereitos dos orfos e das orfas da violencia machista.
A súa traxectoria comezou no 2018 coa súa intervención no Senado e máis tarde, en 2019 coa xestión dun proxecto enmarcado na publicación de libro de Sesé Mateo, nai de Joshua, que foi vítima da violencia de xénero, centrando o seu traballo nas accións de sensibilización sobre a violencia de xénero e a formación en Igualdade de xénero. Actualmente traballa como director do Programa educativo "Género Educa" enmarcado na prevención de xénero.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License