Enviado por admin o Ven, 01/07/2022 - 08:06
As pasadas semanas tivo lugar un obradoiro interdepartamental na biblioteca, no marco do PlamBe. O alumnado de 2º da ESO, da man da profesora Olimpia Garrido elaborou na clase de inglés haikus nesta lingua, pequenos poemas con 3 versos de 5, 7 e 5 sílabas.
O profesorado do PlamBe preparou e cortou estes poemas en vinilo para que o alumnado puidese achegarse á biblioteca, preparalos e pegalos en bolsas ou mochilas de tea. Así, cada un levou unha bolsa para a casa coa súa propia composición.
A experiencia foi moi satisfactoria, esperamos poder seguir realizando este tipo de obradoiros no vindeiro curso!
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License