Enviado por admin o Lun, 21/06/2021 - 11:09
A pesar das limitacións provocadas pola COVID o alumnado de 4º ESO TIC puido visitar a Estación Espacial Internacional, mergullarse nunha illa dos Estados Unidos, visitar o interior do corpo humano e ata asistir a un ensaio da Orquestra Nacional.
Para conseguilo tiveron que aprender deseño vectorial e manexo dunha cortadora láser para deseñar cadansúa gafas de realidade virtual personalizadas, cos seus nomes, logotipos e o máis importante, adaptadas ás súas medidas faciais.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License