Enviado por admin o Mér, 08/11/2023 - 19:44
Ábrese o prazo da convocatoria para a realización de mobilidades de alumnado no estranxeiro no período comprendido entre abril e xuño de 2024. A convocatoria está dirixida ao alumnado de ciclos básicos, medios e superiores das familias profesionais de Imaxe Persoal e Informática.
Podes consultar os protocolos completos de selección aquí e os impresos aquí.
Lugar de entrega de solicitudes: Secretaria IES de Teis
Prazo fin: 24 de novembro de 2023
Anímate a participar!