Skip to main content

Club de Ciencias: Bioloxía

<br />
    Extracción ADN, Cariotipos

O Departamento de Bioloxía, colabora co Club de Ciencias. Neste curso ofertóuselle ó alumnado de 4º ESO a posibilidade de participar, no club de ciencias que se realizaba no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía, os luns de 15:00 a 16:00.

As prácticas seleccionadas estaban relacionadas cos contidos curriculares de 4º ESO e permiten os participantes aplicar os coñecementos impartidos na aula e ampliar o tipo de prácticas que xa realizaron no club de ciencias en cursos anteriores, completando así a súa formación científica.

Entre as prácticas realizadas están:

Bloque sobre a célula.

  • Realización de maquetas para repasar os orgánulos da célula vexetal, animal e procariota vistas en cursos anteriores.
  • Realizaron de maquetas do ADN visto durante este curso.
  • Realización de discos para resumir e entender o ciclo celular.

Bloque sobre a evolución.

  • Estudio da evolución dos cranios nos homínidos mediante a superposición de distintos perfís craneais, que permite observar que cambios se foron producindo neles.

Bloque sobre xenética.

  • Extracción de ADN do plátano.
  • Realización de cariotipos para ver que enfermidades cromosómicas se poden detectar cando se fai un idiograma ou cariotipo. Durante o embarazo unha muller pode facer unha amniocentese e obter células do bebe que se poden analizar xenéticamente para identificar as anomalías máis frecuentes. Para isto realizase unha microfotografía e elaborase un cariotipo que permite detectar deleccións nos cromosomas, se existen cromosomas a maiores ou cromosomas de menos. Exemplos: síndrome de Down (trisomía 21), síndrome de Patau (trisomía 13), síndrome de Edwars (trisomía 18), síndrome de Klinefelter (XXY), síndrome de Turner (XO), síndrome del maullido de gato (delección en el cromosoma 5)
  • Realización dun test de paternidade, a partir do ADN dunha muller, e de dous homes, analizando os seus ADNs e comparandoos co do bebe, determinaremos cal é o pai do mesmo. Esta práctica permitiranos introducir conceptos como a electroforese, enzimas de restricción, marcadores xenéticos… utilizados na técnica empregada para averigualo e solucionar xudicialmente o caso.
  • Construcción dun plásmido recombinante. A tecnoloxía do ADN recombinante permite trasladar información xenética duns organismos a outros. O ADN recombinante é un fragmento de ADN construído de forma artificial con ADNs de distintos organismos. Para isto empréganse distintas técnicas de manipulación xenética que consisten en localizar xenes, fragmentalos e empalmar uns trozos con outros. Con esta práctica imos aprender que son as enzimas de restricción, as enzimas ligasas, e construir un plásmido recombinante (orixe bacteriano) o que lle inserimos o xen da hormona do crecemento (xen de orixe humano). Este plásmido bacteriano recombinante (por ter un xen humano) ademáis terá un ou varios xens de resistencia a antibióticos.

Bloque ecoloxía.

  • Elaborar e posteriormente xogar co xogo do predador-presa, as partidas permitirannos elaborar gráficas predador-presa e ver que ocorre cando nas poboación varia o número de predadores ou de presas.
  • Análise de distintos tipos de flores. Observamos como son e que estratexias de polinización adoptan.

Agradecemos ao alumnado a súa participación e interese que converteu este curso nunha experiencia moi positiva.

 

Galería de imaxes do evento

Maquetas Test paternidad, Construcción plásmidos recombinantes Diversidad de estrategias florales Evolución cráneos homínidos, Juego Predador-Presa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License