Skip to main content

Charla Beatriz Mouriño Carballido

<br />
    Charla Beatriz Mouriño

O día 14 de febreiro, con motivo da conmemoración do 11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Departamento de Bioloxía contou con Beatriz Mouriño Carballido, oceanógrafa e divulgadora científica do CIM-UVigo (Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo).

Baixo o título "Que teñen en común as baleas, o petróleo e a maior parte do osíxeno que respiramos?" o alumnado de 4ºESO A do IES de Teis recibiu unha charla para fomentar as vocacións científicas entre o alumnado, creando referentes femeninos no campo das ciencias, visibilizando o papel da muller. A presenza de Beatriz Mouriño permitiu que nos contase de primeira man en que consiste o traballo de investigación nas ciencias mariñas.

 

Galería de imaxes do evento

Charla Beatriz Mouriño

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License