Skip to main content

Agregador de novas

Eleccións consello escolar 2024

Novas do Centro IES de TEIS - Mar, 15/10/2024 - 22:38

Segundo RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Para tal efecto, constituirase a xunta electoral integrada polo;

ler máis

Feira EDUGAL 2024

Novas do Centro IES de TEIS - Lun, 14/10/2024 - 23:27
Edugal 2024" />

Nos días 8, 9 e 10 de outubro, o profesorado e alumnado de Imaxe Persoal de IES de Teis acudiu a Pontevedra a montar e expoñer os seus traballos na Feira de ensino EDUGAL

ler máis

Erasmus Day no IES de Teis

Novas do programa Erasmus+ - Mar, 08/10/2024 - 21:01
Erasmus Day no IES de Teis" />

O pasado xoves 3 de outubro tivo lugar no IES de Teis o noso ErasmusDay. Unha xornada orientada a dar a coñecer todo o relativo ao mundo Erasmus+ e en concreto as posibilidades coas que contamos no noso centro. Agradecer especialmente ao alumnado que compartiu as súas experiencias noutros países durante o curso pasado e tamén ao profesorado de ambas as dúas familias profesionais, á persoa experta convidada e as profesoras e os alumnos de 2º de ASIR que traballastes para que todo puidera saír segundo o previsto.

Está a vosa disposición a xornada completa na nosa canle de youtube.

Erasmus+ Mudando vidas, abrindo mentes!

ler máis

Erasmus Day no IES de Teis

Novas do Centro IES de TEIS - Mar, 08/10/2024 - 21:01
Erasmus Day no IES de Teis" />

O pasado xoves 3 de outubro tivo lugar no IES de Teis o noso ErasmusDay. Unha xornada orientada a dar a coñecer todo o relativo ao mundo Erasmus+ e en concreto as posibilidades coas que contamos no noso centro. Agradecer especialmente ao alumnado que compartiu as súas experiencias noutros países durante o curso pasado e tamén ao profesorado de ambas as dúas familias profesionais, á persoa experta convidada e as profesoras e os alumnos de 2º de ASIR que traballastes para que todo puidera saír segundo o previsto.

Está a vosa disposición a xornada completa na nosa canle de youtube.

Erasmus+ Mudando vidas, abrindo mentes!

ler máis

Cambio Clube de Costura

Novas do Centro IES de TEIS - Mar, 08/10/2024 - 20:49
Cambio clube de costura" />

A partir desta semana o Club de costura pasa para os recreos dos martes!

ler máis

Participación do IES na PyConEs

Novas do Centro IES de TEIS - Mar, 08/10/2024 - 20:39
PyConEs" />

Asistencia de alumnado e profesorado de Informática ao evento PyConEs, a conferencia de Python máis importante de España, celebrado esta fin de semana, os días 5 e 6 de Outubro.

ler máis

3 alumnos do IES de Teis gañan o II Reto Tecnolóxico de SATEC

Novas do Centro IES de TEIS - Mar, 08/10/2024 - 20:27

Tres alumnos de Informática do IES Teis, dos ciclos ASIR e SMR, gañan o II Reto Tecnolóxico de SATEC. Nesta edición competiron contra outros dez equipos de distintos puntos de España.  
Parabéns!! ao alumnado premiado e as súas titoras

ler máis

Xornada de Acollida das docentes auxiliares de conversa

Novas do Centro IES de TEIS - Mér, 02/10/2024 - 20:56
Xornada acollida auxiliares de conversa" />

Hoxe 2 de outubro, tivo lugar en Santiago de Compostela, no Museo do Centro Gaiás, a Xornada de Acollida das docentes auxiliares de conversa, coa presenza do Conselleiro de Educación Román Rodríguez. As nosas profes Flor Currás, de inglés e Lidia Soutiño, de Francés tamén asistiron ao evento.

ler máis

Biblioteca: Hora de ler

Novas do Centro IES de TEIS - Mér, 02/10/2024 - 20:43
Hora de ler" />

Como sabedes, este pasado luns a primeira hora inauguramos no noso centro a Hora de Ler. Como ten carácter rotatorio, o seguinte cita coa lectura será o próximo luns 7 de outubro a 2.ª hora, de 9:50 a 10:40.

ler máis

Xornadas Erasmus+ de FP en Ceuta

Novas do programa Erasmus+ - Mar, 01/10/2024 - 20:04
Xornadas Erasmus+ de FP en Ceuta" />

Os pasados días 24 e 25 de setembro a Coordinadora de Proxectos Internacionais do IES de Teis asistiu ás xornadas de formación "Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Formación Profesional. Proyectos acreditados de movilidad de estudiantes y personal de Formación Profesional (KA121-VET)", organizadas polo SEPIE na cidade de Ceuta. Unha magnífica ocasión para coñecer as novidades do noso novo proxecto KA121 co que o noso alumnado de ciclos medios e básicos e o seu profesorado poderá realizar mobilidades no vindeiro curso. A maiores estas xornadas son perfectas para crear unha rede de centros, coñecer a outras persoas coordinadoras e aprender do que se fai noutros centros. Grazas pola magnífica experiencia!

ler máis

Xornadas Erasmus+ de FP en Ceuta

Novas do Centro IES de TEIS - Mar, 01/10/2024 - 20:04
Xornadas Erasmus+ de FP en Ceuta" />

Os pasados días 24 e 25 de setembro a Coordinadora de Proxectos Internacionais do IES de Teis asistiu ás xornadas de formación "Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Formación Profesional. Proyectos acreditados de movilidad de estudiantes y personal de Formación Profesional (KA121-VET)", organizadas polo SEPIE na cidade de Ceuta. Unha magnífica ocasión para coñecer as novidades do noso novo proxecto KA121 co que o noso alumnado de ciclos medios e básicos e o seu profesorado poderá realizar mobilidades no vindeiro curso. A maiores estas xornadas son perfectas para crear unha rede de centros, coñecer a outras persoas coordinadoras e aprender do que se fai noutros centros. Grazas pola magnífica experiencia!

ler máis

Biblioteca: Espazo Maker

Novas do Centro IES de TEIS - Xov, 26/09/2024 - 11:50
Espazo maker na biblioteca" />

Comezamos o curso e no Espazo Maker estamos desexando dar renda solta á vosa creatividade. Se estás interesado ou interesada, non dubides en pasar pola biblioteca, estarésmoste agardando!

ler máis

Biblioteca: Clube de costura

Novas do Centro IES de TEIS - Xov, 26/09/2024 - 11:47
Clube de costura na biblioteca" />

Volven os recreos de costura. este curso, todos os mércores no Espazo Maker da biblioteca.

ler máis

Biblioteca: Voluntariado

Novas do Centro IES de TEIS - Xov, 26/09/2024 - 11:37
Voluntariado para a biblioteca" />

Se che gustan os libros e pasar tempo entre eles, quizais che gustaría formar parte do noso equipo de voluntariado da biblioteca. Se cres que che pode interesar, pasa pola biblioteca e pídenos información.

ler máis

Enlace presentacións ciclos a distancia

Novas do Centro IES de TEIS - Mér, 11/09/2024 - 23:22

Dende o seguinte enlace poderedes seguir de xeito telemático a presentación dos ciclos a distancia, que terá lugar mañá.

Oferta formativa ESA no IES de Teis

Novas do Centro IES de TEIS - Sáb, 07/09/2024 - 10:54

No IES de Teis temos entre a nosa oferta educativa a Ensinanza Secundaria para Persoas Adultas, que vai dirixida a persoas que non teñen o título da ESO. Contamos cos niveis III e IV. A ESA III abarca de setembro ata comezo de febreiro e a ESA IV desde febreiro a fin de curso.

ler máis

IMPORTANTE: Modificación no calendario de presentacións 2024/25

Novas do Centro IES de TEIS - Sáb, 07/09/2024 - 10:35

Xa podes consultar o calendario de presentacións ACTUALIZADO na seguinte ligazón.

Para as presentacións de CICLOS A DISTANCIA, publicarase un enlace na páxina Web do centro, onde seguila de forma telemática.

Erasmus de profesorado en Chipre

Novas do programa Erasmus+ - Sáb, 07/09/2024 - 10:26
Erasmus de profesorado en Chipre" />

Son Lola Recarey, profesora no Ciclo Superior de Estética. O pasado mes de xuño participei nun programa Erasmus do noso centro, concretamente visitei Chipre. Alí tiven a oportunidade de coñecer as instalacións dunha fabulosa clínica, Bellisimo Clinic, en Lárnaca. O equipo recibeume marabillosamente e durante días compartimos coñecementos de cosmética e aparatoloxía, técnicas de tratamentos e diferentes experiencias laborais. A mobilidade foi moi gratificante e satisfactoria. Ademais , puden acadar varios contactos en diferentes cidades do país, para as prácticas no estranxeiro do noso alumnado. Unha experiencia moi recomendable.

ler máis

Erasmus de profesorado en Chipre

Novas do Centro IES de TEIS - Sáb, 07/09/2024 - 10:26