Título que se obtén
Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede
Réximes nos que se imparte
- Ordinario:
-
- Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
- Persoas adultas (distancia): Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.
Saídas profesionais
Este profesional exerce a súa actividade na área de informática de entidades que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a en administración de sistemas.
- Responsable de informática.
- Técnico/a en servizos de internet.
- Técnico/a en servizos de mensaxería electrónica.
- Persoal de apoio e soporte técnico.
- Técnico/a en teleasistencia.
- Técnico/a en administración de base de datos.
- Técnico/a de redes.
- Supervisor/ora de sistemas.
- Técnico/a en servizos de comunicacións.
- Técnico/a en contornos web.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Idiomas
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
En que quenda queres facer este ciclo?
Ordinaria
Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 384 horas. Ademais neste trimestre tamén se cursa o módulo de Proxecto (26 horas)
A lista de módulos (materias) é a seguinte:
MÓDULOS DO PRIMEIRO CURSO | HORAS |
Implantación de sistemas operativos | 213 |
Planificación e administración de redes | 213 |
Fundamentos de hardware | 107 |
Xestión de bases de datos | 187 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Formación e orientación laboral | 107 |
MÓDULOS DO SEGUNDO CURSO | HORAS |
Administración de sistemas operativos | 140 |
Servizos de rede e internet | 140 |
Implantación de aplicacións web | 122 |
Administración de sistemas xestores de bases de datos | 70 |
Seguridade e alta dispoñibilidade | 105 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Persoas adultas
Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. A duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de proxecto.
Como o alumnado pode matricularse de calquera módulos en calquera orde, o profesorado do departamento de Informática recomenda o seguinte itinerario:
MÓDULOS DO PRIMEIRO CURSO | HORAS |
Implantación de sistemas operativos | 213 |
Planificación e administración de redes | 213 |
Fundamentos de hardware | 107 |
Xestión de bases de datos | 187 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
MÓDULOS DO SEGUNDO CURSO | HORAS |
Administración de sistemas operativos | 140 |
Servizos de rede e internet | 140 |
Implantación de aplicacións web | 122 |
Administración de sistemas xestores de bases de datos | 70 |
Seguridade e alta dispoñibilidade | 105 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
MÓDULOS DO TERCEIRO CURSO | HORAS |
Formación en centros de traballo | 384 |
Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede | 26 |
O departamento de informática recomenda:
- En xeral convén ter cursados os módulos do primeiro curso antes de cursar os módulos de segundo curso.
- Para cursar Administración de Sistemas Operativos convén ter cursado:
- Implantación de Sistemas Operativos
- Planificación e Administración de Redes
- Para cursar Administración de Sistemas Xestores de Bases de Datos convén ter cursado:
- Xestión de Bases de Datos
- Para cursar Servizos de Rede e Internet convén ter cursado:
- Planificación e Administración de Redes
- Implantación de Sistemas Operativos
- Para cursar Implantación de Aplicacións Web convén ten cursado:
- Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información
- Para cursar Seguridade Informática convén ten cursado:
- Implantación de Sistemas Operativos
- Convén cursar ao mesmo tempo:
- Seguridade Informática
- Servizos de Rede e Internet
Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.