Skip to main content

Saída ó Monte da Madroa 1º ESO IES de Teis e 6º Primaria dos colexios San Salvador e San Fermín

Como ven sendo costume o IES de Teis participa nunha saída co alumnado o monte da Madroa. A actividade está organizada pola Comunidade de Montes da Madroa e o Plan Comunitario de Teis, con esta actividade preténdense dar unha educación ambiental o alumnado, concienciando da importancia de preservar o monte que temos máis próximo e destacando os problemas ambientais que pode levar a súa desaparición así como as medidas adoptadas para conservalo.

Nesta ocasión o IES de Teis quixo compartir a saída cos alumnos de 6º de primaria do Colexio San Salvador e San Fermín facendo da xornada educativa tamén un espazo de convivencia e integración entre o alumnado que xa está no centro e o alumnado que o ano que ven estará no IES de Teis cursando 1º ESO.

Durante a saída, o alumnado percorreu unha senda botánica na que se podían observar as principais árbores do bosque autóctono de Galicia, tamén puideron atender a explicación do proxecto de conservación da vacaloura, recoñecer especies de árbores invasoras, disfrutar da auga dos manantiais, e como premio final repartiuse auga entre os nenos e puideron disfrutar dunha merenda na que probaron a mel feita nas colmeas instaladas no monte da Madroa.

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License