|
|
Segundo o artigo 35 da Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro de 2022) pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de educación infantil, educación primaria, secundaria e bacharelato, hoxe día 16/05/23, no panel de entrada do IES Sofía Casanova, publícanse os listados definitivos de alumnos/as admitidos/as e non admitidos/as para o curso 2023-24.
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
|