Skip to Content

ANPA

Sitio web da ANPA do IES Sofía Casanoa

Ginkana nadal

        O pasado venres 21 de decembro celebrouse a tradicional ginkana de nadal, coa participación dos alumnos da ESO e a colaboración dos alumnos de bacharelato.

Magosto, 9 novembro

   

    A iniciativa da ANPA do IES Sofía Casanova, celebrouse un magosto o venres 9 de novembro.

    Os alumnos da ESO ocupáronse de picar os 120 kg de castañas que se consumiron. Os voluntarios de bacharelato controlaron que todo o proceso se realizase da mellor maneira posible nun día bastante complicado: había alerta laranxa e non se podía saír ao exterior. 

Actuación do grupo de teatro do IES Sofía Casanova

   

     Rematou maio no Sofía coa representación de “Polo interés, quérote Marqués”, o día 31, a cargo do grupo de teatro do IES Sofía Casanova, dirixido por José Luis Paz.

    Na sesión da tarde estivo presente a autora da obra, Mari Carmen Martínez, que veu acompañada de dous actores do seu grupo de teatro.

    Tras as representacións (dúas pola mañá e unha pola tarde), os actores agradeceron a colaboración da ANPA e dos distintos membros da comunidade educativa que fixeron posible o resultado final.

Almorzos Saudables


 
 

     Unha alimentación correcta e equilibrada é a elección máis importante que podemos facer para influír positivamente a medio e longo prazo na nosa saúde. A Xornada de “Almorzos Saudables” pretende promover, nun dos grupos máis vulnerables, o hábito de realizar un almorzo equilibrado e suficiente, empregando os menos aditivos prexudiciais posibles. A xornada englóbase no itinerario de “Hábitos de vida Saudable” no que está inmerso o IES Sofía Casanova dentro dos Contratos Programa, en concreto na actuación “Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros”.

              A xornada consta dunha degustación de tipo buffet con 3 estacións:

    1. Batidos de froita natural elaborados no momento e/ou froita natural.

    2. Tostas variadas, combinando pan do día de diferentes clases, queixos, marmeladas e froitos secos.

    3. Iogur combinado con diferentes tipos de cereais sen aditivos.

          A actividade foi organizada polos deptos. de EF, CCNN e ACE, coa colaboración da ANPA   

                                                  Ver fotografías

Recollida de alimentos

   

      Como todos os anos por estas datas, o ANPA organiza unha recollida de alimentos non perecedeiros no recibidor do centro.

    Os alimentos serán entregados a organizacións que se ocupan de axudar a xente con dificultades económicas.

rastro solidario

 

     Entre os días 11 e 19 de decembro, realizaremos en colaboración coa ANPA un Rastro Solidario en favor da Cociña Económica de Ferrol no recibidor do centro.

    As vendas serán de CDs, DVDs, libros, xoguetes, bixutería, obxectos decorativos …, aportados pola comunidade educativa e que se recollerán entre o día 22 deste mes e o 5 de decembro, no primeiro recreo no recibidor.

Semana da froita 2017

   

    Un ano máis, o IES Sofía Casanova participa no “PROGRAMA DE CONSUMO DE FROITAS E HORTALIZAS NAS ESCOLAS DA UNIÓN EUROPEA” coa axuda financieira da Unión.

    Este ano, na semana do 24 ao 28 de abril, realizouse o reparto grazas aos voluntarios de cada titoría. Como novidade, elaboraráronse atractivos pratos combinados de froitas para amosar outros xeitos de consumo. Esta actividade, como outras que se están a realizar no Sofía, ten como finalidade a promoción de estilos de vida saudable.

    Colaboraron na actividade a ANPA do IES Sofía Casanova, o depto. de Ciencias Naturais, o depto. Educación Física e o equipo de extraescolares e complementarias.

    Galería de imaxes            Máis información en Sofía en Verde

Distribuir contido


by Dr. Radut