A iniciativa da ANPA do IES Sofía Casanova, celebrouse un magosto o venres 9 de novembro. Os alumnos da ESO ocupáronse de picar os 120 kg de castañas que se consumiron. Os voluntarios de bacharelato controlaron que todo o proceso se realizase da mellor maneira posible nun día bastante complicado: había alerta laranxa e non se podía saír ao exterior. |