Skip to Content

Os alumnos de 2º de bacharelato viaxan a Madrid

   

     O alumnado de 2º de Bacherelato realizou unha excursión a Madrid os días 14,15,16 e 17 de Abril onde puideron visitar desde Centros Tecnolóxicos como o INSIA, Museo del Prado, MN Centro de Arte Reina Sofía, MN de Ciencias Naturales, Caixa Fórum... disfrutar dunha representación de teatro alternativo: "SOLO SON MUJERES", sobre a invisibilidade da muller durante a Guerra Civil, no Teatro de La Abadía. Xa de regreso, fixemos unha parada na monumental cidade de Segovia. 

     Ver fotografías

O xornalista Miguel Ángel Aguilar no Sofía Casanova

   

    Miguel Ángel Aguilar recibirá o Premio José Couso de Liberdade de Prensa en Ferrol o día 3 de maio (Día Mundial da Liberdade de Prensa).

    Ese mesmo día estará no Sofía e conversará cos alumnos sobre a súa experiencia como comunicador.
    Esta actividade está organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia  e inscríbese dentro do proxecto ‘Xornalismo na Escola’, consistente en impartir talleres en centros de secundaria para alumnado de 3º ou 4º da ESO.

    Máis información no blog da biblioteca.

Día do libro 2016 e aniversario de Cervantes

 

Con motivo do día do libro e conmemorando o 400 aniversario da morte de Cervantes, o departamento de lingua castelá organizou diversas actividades entre as que se inclúen:

- Frases nas portas das aulas que inviten a reflexionar sobre a importancia do libro.  - Programa no televisor da entrada ó centro que invita á lectura de diferentes textos.  -  Concurso para identificar ós autores de diferentes ilustracións de Don Quijote.  - Carteis sobre o itinerario realizado por Don Quijote e Sancho.  - Información, en diferentes puntos do instituto, sobre a obra cervantina. -  Realización de dous muíños de vento e de varios carteis que ambientan a entrada do centro.  - Traballo "La Biblia en "El Quijote".

Ver fotografías.

O mes das letras no Sofía

   

 18 ABRIL A 18 DE MAIO: MES DAS LETRAS NO SOFÍA

23 de abril
DÍA DO LIBRO

17 de maio
DÍA LETRAS GALEGAS
DÍA DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DAS TELECOMUNICACIÓNS

   O mes arrincou esta semana con traballos dos alumnos coordinados polo departamento de lingua castelá e literatura para conmemorar os 400 anos do pasamento de Cervantes e Shakespeare.

Listaxes de alumnado admitido para o curso 2016-2017

   

 No arquivo adxunto pódense ver as listaxes do alumnado admitido para o curso 2016-2017

Investigación e tratamento da información no IES Sofía Casanova

   

    A materia optativa "Investigación e tratamento da información", impartida en 1º ESO B, C e D, estivo presente nunha mesa redonda dos Encontros PLAMBE 2015-2016

    O pasado 8 de abril, no Palacio de Congresos de Santiago, ás 16.15 horas houbo 6 sesións simultáneas. Na número 6, que trataba da optativa de libre configuración "Investigación e tratamento da información" estaba presente o noso instituto e dous CEIP (Malpica e Moaña).
    Pode terse máis información visitando o blog da biblioteca.

Charla de ALCER sobre a doazón de órganos

       O pasado xoves 7, Día Mundial da Saúde, o alumnado de 4º de ESO asistiu no salón de actos a unha charla ofrecida por Alfredo Saborido Pérez, traballador social da asociaición ALCER (Asociación para a loita contra as enfermidades do ril) sobre o a tema "A doazón de órganos".

A escritora Andrea Maceiras no Sofía Casanova

      O martes 29 de marzo Andrea Maceiras visitou o noso instituto para falarlles aos alumnos de 1º de Bacharelato sobre a súa novela Europa Express e a súa experiencia como escritora.
Distribuir contido


by Dr. Radut