Skip to Content

MARCHAS CICLISTAS POPULARES

   Se sodes afeccionados ao ciclismo interesaravos esta actividade.

   O "club ciclista Ferrol" e o Concello de Ferrol organizan marchas ciclistas todos os meses deste curso 2014-2015. A primeira será esta fin de semana, o domingo día 26, e haberá outras o 30 de novembro, o 28 de decembro, o 25 de xaneiro, o 22 de febreiro, o 29 de marzo, o 26 de abril, o 31 de maio e o 21 de xunio.

    Todas as marchas saen sempre da praza de Armas ás 11:00 da mañá. Animádevos!

Máis información.



page | by Dr. Radut