CONCURSO DE XOGOS POPULARES
O día 21 de decembro de 2011, na pista polideportiva ou, se chove, no ximnasio ( para o que será imprescindible que tanto concursantes como espectadores entren con tenis) terá lugar
un concurso de xogos populares, que se rexerá polas seguintes BASES:
1ª) Participará o alumnado que, dentro do seu grupo, constitúa un equipo.
2ª) Os equipos participarán nos seguintes xogos:
-
CARREIRAS DE SACOS (individual)
-
CARREIRAS DE PÉS SOLTADOS (individual)
-
CARREIRAS DE PARELLAS (por parellas)
-
CARREIRA DE PLORO (individual)
-
CARREIRA ÁS CEGAS (por parellas)
-
CARREIRA DAS CULLERES (equipos de catro corredores)
-
CARREIRA DE GATOS (equipos, mínimo, de catro participantes)
-
CARREIRA A CACHAPERNA (por parellas)
-
CARREIRA DO PÉ MANQUIÑO (individual)
10.CARREIRA DE COSTAS EN PARELLAS
3ª) Os equipos deberán entregar por escrito a Vicedirección, en Xefatura de Estudos, antes do segundo recreo do xoves 15, os seguintes datos:
- grupo ao que pertencen
- nome do alumnado participante en cada un dos xogos (xúntase descrición de cada carreira).
4ª) Gañará o equipo que consiga superar un maior número de probas.
5ª) En caso de empate entre dous ou máis equipos, realizarase o desempate cos xogos do PANO/BRILÉ ou BOCHAS (PETANCA), respectivamente.
6ª) Cada membro do equipo gañador recibirá un premio que dará a ANPA e VICEDIRECCIÓN.