Skip to Content

Libro do Mes

Xaneiro 2013

Una misma noche

de

Leopoldo Brizuela

 

El sábado de la entrega de las llaves escuché movimientos en la casa vecina: el silbato intermitente de una especie de combi entrando marcha atrás al terreno del fondo, puertas que se abrían sin la aprensión de los Chagas, órdenes demasiado seguras para un lugar desconocido, inmediatamente corregidas o suplantadas por otras.

(...) Hacia la tarde, escuché otras personas que entraban por la puerta del frente, y que salían a mirar la piscina. Pretextando no sé qué tareas salí al balcón trasero y, esta vez sí, en las frases sueltas, en el tono, creí notar el aura de los dueños -porque no era un hombre solo, no, lo acompañaba al menos una pareja joven -, la alegría ostentosa y contenida de quien pisa conquistando. Un orgullo que era en sí mismo inocencia, una inocencia que a mí me tocaba quebrar.

Pero, ¿cómo? ¿Cómo decirles que habían asaltado su casa al menos dos veces en lo que iba de año?...


        O escritor Leonardo Diego Bazán regresa á casa dos seus pais para coidar da súa nai viúva. Unha madrugada de 2010 é testemuña do asalto a unha casa veciña, polas características do roubo é indubidable a colaboración da policía cos ladróns. Xa antes, no ano 1976, a mesma casa sufriu outro ataque similar. Entón vivían alí os Kuperman, Leonardo era un mozo e Arxentina estaba sumida no terror da Xunta Militar. O suceso orixinou unha pegada imborrable na memoria do adolescente, sobre todo ao descubrir o papel que xogou o seu pai en todo aquilo. Leonardo empeza a escribir unha novela coa intención de rescatar e exorcizar un pasado que quixera esquecer.

        Unha lectura de suspense baixo aparencia de caderno de notas dun detective.

 

 

Decembro 2012

Historias de Oregón
de
Diego Ameixeiras
“...O home anuncia unha colección de coitelos máxicos capaces de seccionaren carne conxelada. Unha vez máis, Aurora P. G deixa pasar o tempo contemplando a actuación dese home ante un público entusiasmado. Nada se lle pode resistir a eses magníficos coitelos. Latas de refresco, madeira, parafusos, metais. O mango está especialmente deseñado para o confort da ama de casa. A folla, reforzada cos últimos avances tecnolóxicos, fabricouse co mellor aceiro inoxidable”
Tramas sinxelas e paralelas que recollen asuntos de actualidade, desde os incendios ata os malos tratos.  Historias protagonizadas por mulleres vítimas da violencia de xénero, doentes que rematan por namorar da súa psiquiatra; prostitutas incomprendidas e de corazón xeneroso, estafadores que acaban destruíndose entre eles... personaxes da vila de Oregón (trasunto literario da cidade de Ourense). Vidas de xentes que están nas marxes; un puzzle bastante representativo das contradicións e inxustizas das sociedades urbanas actuais. Diego Ameixeiras
Historias de Oregón Do mesmo autor tamén tes na biblioteca:
Asasinato no Consello Nacional
   

Novembro 2012

Escenarios fantásticos
de
Joan Manuel Gisbert
“Aquí, en este paraje, desde 1896 hasta finales del siglo XX existió el bello edificio que este modelo repoduce a escala reducida. En los últimos años de su vida, cuando no era más que una antigua fábrica abandonada, fue el escenario fantástico de numerosas aventuras imaginarias. También la maqueta que acabáis de descubrir albergó, depués de demolido el edificio, muchísimas historias detectivescas creadas por la mente de un fabulador anónimo...”
   Escenarios fantásticos é unha recompilación de aventuras ambientadas en lugares moi singulares e cuns personaxes extravagantes e rechamantes.
    O mago Demetrius Iatopec quere inaugurar un Gran Teatro Mundial dos Espellismos e, máis tarde, o Parque de Atraccións do Arco da Vella.  O ilusionista Boaventura Mestres, inimigo seu,  tentará obstaculizar os proxectos de Demetrius.
    O mundo da maxia, a revolución dos avances tecnolóxicos e como estes afectan á nosa vida cotiá ou os relatos de ciencia- ficción son abordados nesta novela moi entretida que pola súa doada sintaxe e polo seu léxico fácil é unha axeitada lectura para os que se inician na literatura.

Outubro 2012

O morador da fenda
de

Roberto A. Rodrígues  

...Un vilego comezou a berrar, era un grito sen verbas, un son esgarrado froito da carraxe. Aquel sentimento propagouse e logo foi a grea ao completo quen berraba esixindo sangue, o estrondo alzouse impoñente conquistando o aire e reverberou nas paredes da pequena praza, amplificándose e espantando ás aves que se pousaran nos tellados próximos. Algúns vilegos abalanzáronse a un mesmo tempo contra o guerreiro e, amparados na miserábel maioría, atacárono dende todas as direccións.

  O morador da fenda é a primeira entrega dunha triloxía de fantasía épica do autor vigués Roberto A. Rodrígues. Se che gusta Tolkien  esta é a túa lectura. Nela a presenza do sobrenatural, os seres malignos, os mapas de terras descoñecidas, os obxectos máxicos e/ou simbólicos e os guerreiros heroicos configuran un escenario épico no que as forzas do ben e do mal libran a súa batalla.

Aquí podes ler o primeiro capítulo 

ou perder menos de minuto e medio para engancharte.

 

Xuño 2012

Tardes con Margueritte
 de
   Marie-Sabine Roger

 

    
     O mestre de Germaine Chazes dicía que lle faltaba un fervor. Outros dirían que era parvo ou andababa a velas vir, máis sofisticadamente, que é un border line. Aos seus 45 anos vive nunha tenda de campaña no xardín da casa familiar porque non se entende coa súa nai. Pero o encontro cunha anciá no parque, onde acode a contar as pombas, cambia a súa vida. Ela, con dozura e paciencia, lelle fragmentos de libros, actividade que o fará crecer en poucos meses máis que en moitos anos de vida.

    A autora desta novela é Marie-Sabine Roger  que naceu en 1957 na rexión de Burdeos. Tras exercer de profesora nun colexio infantil durante varios anos, hoxe en día dedícase por enteiro á escritura. É autora de máis de cincuenta libros de literatura infantil, xuvenil e de adultos. Actualmente reside en París aínda que pasa tempadas en Madagascar.

    
  
    Cando era rapaz, a miña nai chamábame o “parvo feliz”. Pero non era certo, non era feliz. Parvo, podo aceptalo. Pero feliz, iso si que non.
    Landremont dime que son o bastante intelixente como para decatarme de ata que punto son parvo, e que toda a miña desgraza deriva de aí. Creo que ten razón, mesmo se, cando o penso ben, non se trata precisamente dun cumprido. De calquera xeito, cando non entendo algo, doume de conta.
    Annette di que a ela tamén lle pasaba o mesmo, pero só co cálculo e as mates.
    A miña nai tamén me chamaba “o tarado” ou “o panoco”. E cando me puxen a medrar: “ o gran papahostias”.
    Como di o meu amigo Julien, a miña nai non tiña moito instinto maternal, nin pouco.

 

Esta novela foi levada ao cine recentemente:

Maio 2012

Mi familia y otros animales
de
Gerald Durrell
    Gerald Durell, fillo dun enxeñeiro británico destinado na India, naceu en 1925. En 1928, a familia Durrell regresou a Inglaterra e, despois de residir en distintos lugares de Europa, instalouse na illa grega de Corfú. Alí, o pequeno Gerald desenvolveu a súa paixón polos animais, que o levaría a viaxar polas selvas do mundo, a ser un coidador orixinal do zoo de Londres e a escribir historias cheas de tenrura, ecoloxía e humor.
    Combina nos seus libros o retrato de xentes e lugares, a autobiografía e un insuperable sentido do humor. A miña familia e outros animais é sen dúbida a súa obra máis coñecida e celebrada. Primeira parte da súa divertida triloxía de Corfú, que prosegue con Bichos e demais parentes e O xardín dos deuses, a obra preséntanos unha áxil e graciosa galería de personaxes, como Larry e as súas estrafalarias amizades, mamá Durrell e o seu inesgotable sentido común, ou Spiro, o corfuano angloparlante, xunto con toda unha serie de animais retratados como só pode facelo quen ao longo de toda unha vida os considerou con intelixencia e tenrura.
 
“Para amarga desilusión mía, después de todos mis esfuerzos y mi constante servicio de centinela, los bebés salieron del huevo por la noche. En mi opinión y a cambio de todos mis desvelos, la hembra podía haber retrasado el asunto para que yo lo presenciasae. De todos modos allí estaban, una magnífica camada de jóvenes tijeretas diminutas y frágiles, como talladas en marfil. Rebullían debilmente bajo el cuerpo de su madre, metiéndosele entre las patas, subiéndosele a las pinzas las mas audaces. Era un espectáculo enternecedor. Al día siguiente  hallé vacía la guardería: mi maravillosa familia se había dispersado por el jardín.Poco después vi a uno de los niños. Claro que era más grande, más oscuro y robusto, pero le reconocí de inmediato. Sesteaba enroscado en un laberinto de pétalos de rosa, y cuando le desperté se limitó a arquear irritado sus pinzas sobre el lomo. Yo habría preferido ver en ello un saludo, un gesto de amistad, pero honradamente hube de admitir que no era sino el aviso de una tijereta a un enemigo potencial. Aun así, la excusé. Al fin y al cabo, era muy pequeña la última vez que nos habíamos visto...”

Abril 2012

Soidades de Ana
de
Jordi Sierra i Fabra
     Jordi Sierra i Fabra, conta con máis de duascentas obras no seu haber. Os seus libros foron traducidos a vinte idiomas e actualmente é lido en máis de cincuenta países. A temática das súas obras é exemplo de compromiso coa realidade dun mundo inzado de problemas. As soidades das nais adolescentes é a temática na que se centra esta novela.

    Chamábase  Ana, pero agora xa só é un recordo. No silencio da ausencia, a súa irmá intenta reconstruír  os últimos días de Ana, cando, abandonada por todos, se ve obrigada a vivir as súas máis fondas soidades.


     “Comezou pola mesa, polos caixóns, á caza dos segredos adolescentes. O caos imperante no cuarto tamén se impoñía ata o último recuncho daquel pequeno universo informal. Esperaba dar con algunha axenda, nomes,calquera dato, pero foi incapaz de atopar nada pesia o minucioso do seu exame. Caixón por caixón, foi unha busca estéril. As poucas fotografías xa as coñecía, eran súas, familiares, escolares. Nada novo. En ningunha aparecía un rapaz, só ou con máis xente. Prevención? O máis seguro. Mellor iso que ter que enfrontarse constantemente á nai. Pero se saía con alguén e estivera tan namorada como para chegar á tolada de deitarse con el... Era posible que non gardase ningunha imaxe súa? E por suposto tampouco existía un diario que fose revelador. Ana sabía que ela tivera que deixar de escribir no seu por mor da impertinente curiosidade materna. Se cadra por iso a irmá pequena fora máis coidadosa, ou máis despreocupada.

Marzo 2012

                     El emblema del traidor
                                                                                         de
                                                                       Juan Gómez -Jurado

       Novela nacida dunha historia real contada ao autor por un libreiro vigués.
      Masonería, nazismo, amor e traizón mestúranse nunha narración chea de sorpresas sobre a busca da verdade e  o alto prezo a pagar por atopala.
     Uns náufragos alemáns son rescatados no estreito de Xibraltar. O capitán González, xefe dos rescatadores, recibe como recompensa un emblema de ouro e das súas conversas cos alemáns quédanlle gravadas dúas palabras: traizón e salvación. O emblema esconde unha apaixonante historia que nos leva, no Munich do período de entre-guerras, as aventuras  de Paul Reiner quen, namorado da xudía Alys,  vive coa súa nai e os seus tíos obsesionado por coñecer a verdade sobre a estraña morte do seu pai...

Febreiro 2012

A filla do ladrón de bicicletas

de

Teresa González Costa

Amor e aventuras, a personaxe maligna e a bondadosa, os ladróns trangalleiros...

Novela que conta a historia de Serafina, filla dun ladrón de bicicletas e que vive con dona Perfecta, unha tía súa antiga soprano e antagonista da sobriña. Serafina ten unha bicicleta, de nome Celerífera, coa que soña chegar a ser equilibrista nun circo, para o que pon todo o seu empeño, contando coa axuda de Milo e do vello Elías (inventor e mecánico de bicicletas) e cos atrancos que lle ocasiona a panda de Martiño o Bravo. Polas súas habilidades Serafina é chamada "a bruxa" e a xente non se fía dela, mais pouco a pouco vanse descubrindo as artimañas da tía Perfecta grazas ao vello Elías...

Xaneiro 2012

Leonís
de
César Mallorquí
Pablo Galván, o protagonista desta novela, recibe unha carta do seu pai falecido para que investigue unha lenda relacionada co mito de Tristán e Iseo e co reino de Leonís.

Pablo viaxa a Lotar e descobre que todo o que lle contaran sobre a morte do seu pai era mentira, indaga o pasado do seu pai e busca as causas da súa desaparición, mais todo resulta estraño e sombrío. Pablo tamén atopa a súa antiga noiva Raquel, renace o amor pero tanto el coma Raquel forman parte dun ritual que se remonta ao inicio dos tempos.

No fondo, Leonís -di o seu creador- é un conto de fadas escuro e melancólico. Hai un ogro, unha raíña mala e un rei santo, un príncipe e unha princesa, un mago, unha meiga, varios lobos e un feitizo sombrío, unha maldición que adopta a aparencia de amor. Ao final, como na maior parte dos contos, a curiosidade acaba castigando ao protagonista.


Do mesmo autor tamén atoparás na biblioteca:

O último traballo do señor Luna
La catedral
Distribuir contido


by Dr. Radut