Skip to Content

Dinamización Galego

Lingua proletaria do meu pobo

Tal día coma hoxe, no ano 1989, foille dedicado o Día das Letras Galegas a Celso Emilio Ferreiro, escritor, político e un dos máximos exponentes da poesía social no noso idioma.

A súa obra Longa Noite de Pedra foi escrita parcialmente na prisión do Mosteiro de Celanova -aínda que foi publicada no ano 1962-, onde foi recluido polo seu compromiso galeguista e combativo da dictadura franquista.

Posiblemente, esta sexa unha das principais obras da lírica galega de posguerra, e nela contén un poema chamado “Deitado fronte ao mar”, onde manifesta o seu compromiso activo co idioma galego e vincula coa fala das clases populares do país no seu coñecido “lingua proletaria do meu pobo”, que agora o alumnado do Ies San Paio presta as súas voces en diferentes linguas para manifestar o noso compromiso a prol da lingua.
Parabéns ao profesorado e ao alumnado que fixo posible levar a cabo este proxecto!

 

Celso Emilio Ferreiro de Amalia Otero

Data: 
Lun, 17/06/2024 - 14:13

Día de Portugal, de Camoes e das Comunidades Portuguesas

 

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 09/06/2024 - 03:08

Visita á Illa de San Simón

Data: 
Mér, 29/05/2024 - 05:45

Visita de Sara Vila

O martes, 20 de maio, o noso alumnado e profesorado tivo a gran sorte de asistir á fantástica charla  de Sara Vila Alonso. Unha fantástica comunicadora que nos falou do seu libro "O incendio" - obra gañadora do Premio Eduardo Blanco Amor, e do seu paso polo instituto, non fai tanto tempo. 

 

Data: 
Mér, 22/05/2024 - 02:54

CORRELINGUA 24

Como outros anos e arredor do Día das Letras, o xoves 23 de maio o alumando do IES participa no Correlingua, unha "carreira" que percorre doce localidades. Vigo, e máis concretamente, o Parque de Castrelos, será o escenario. Alí daránse as distintas actividades e algún persoeiro que destaque no uso e defensa do noso idioma, lerá un manifesto. Ao rematar a carreira terá lugar un acto festivo con actuacións musicais de Cuarta Xusta e Paco Nogueiras. Estades preparadxs?

Data: 
Mér, 22/05/2024 - 04:30

Manifesto pola Preservación da Lingua Galega

O Noso Patrimonio Cultural Na Galiza, a lingua galega é moito máis que un mero medio de comunicación; é o pulso vivo do noso patrimonio cultural. Durante a Idade Media, foi na nosa lingua que se escribiu a literatura máis destacada da Península Ibérica, estenténdose polo mundo baixo o nome de Portugués. Como sabiamente afirmaba Castelao, "a nosa lingua é extensa e útil porque con distintas variantes falase en distintos lugares de distintos continentes". Grazas a ela podemos comunicarnos con mais de 250 millons de persoas. É pois un espello da nosa historia, tradicións e identidade como pobo.

Con todo, estamos a testemuñar un preocupante declive da nosa lingua. Non podemos pechar os ollos ou ver para outro lado. No noso centro de ensino, como en muitos outros de ámbitos urbanos, por exemplo, apenas se emprega entre o alumnado nos corredores e fóra das aulas de algunhas materias. E as autoridades educativas do goberno galego prohiben que materias de ambito cientifico como as Matemáticas, a Tecnoloxía ou a Física e Química sexan impartidas en galego, desprazando inxustamente a nosa língua a ambitos punteiros no campo da investigación. Esta situación non só representa unha perda para os individuos, para sua formación, senón tamén para toda a comunidade galega. Os estudos estatísticos poñen de maifesto que a prcentaxes de menores de 15 anos que falan galego diminúe co paso dos anos e o profesorado advírteo nas aulas.

Nunha data tan emblemática como o 17 de maio, é imperativo que como comunidade educativa do Instituto San Paio reafirmemos o noso compromiso coa lingua do noso país. Ao facelo, estamos a render homenaxe ás ducias de xeracións de galegos e galegas que, a pesar de tempos de represión e longas noites de pedra, souberon erguerse firmes na defensa da nosa lingua, que equivale a defender a nosa propia identidade.

Non queremos converter-nos, como advertía Celso Emilio, en "patufos desligados, pequenos mequetrefes sen raíces que, ao poñer a garavata, xa non saben erguerse coa fe dos devanceiros". Ansiamos preservar a riqueza da nosa fala, o legado dos nosos antepasados, os labregos da linguaxe que nos legaron unha herencia que debemos protexer e transmitir ás futuras xeracións.

Por todo isto, é fundamental que todas e todos nós, desde as autoridades políticas até as familias, profesorado e estudantes, unamos esforzos para deter o declive da nosa lingua. Que cada 17 de maio sexa un recordatorio de que a lingua galega é o noso maior tesouro, e que debemos velar pola súa preservación como un deber para con nós mesmos e as xeracións futuras.

Falemos galego, na casa, na rúa e na escola.

 

Asinado,

A comunidade educativa do Instituto San Paio

Data: 
Ven, 17/05/2024 - 06:11

Saída 2º ESO

Data: 
Xov, 16/05/2024 - 08:35

visita de SARA VILA ALONSO

Data: 
Lun, 13/05/2024 - 15:42

Saída ao COUTO MIXTO - 2º ESO

Desgarga o programa no documento adxunto ou premendo AQUÍ

 

Data: 
Lun, 06/05/2024 - 12:21

BASES Concurso de Fotografía "Contornas Cercanas"

 

 

Bases do Concurso:

O EDLG organiza o Concurso de Fotografía "Contornas Cercanas", que ten como obxectivo principal capturar a beleza e a esencia dos lugares próximos aos que os alumnos e alumnas do IES San Paio de Tui teñen un vínculo emocional. Estes lugares poden ser os seus fogares, as áreas onde xogaban de pequenos, ou incluso persoas ou paisaxes que lles son especialmente queridas.

 

Regras do Concurso:page1image7374912 page1image7374528page1image7374336

1. Participantes: O concurso está aberto a todo o alumnado matriculado no IES San Paio de Tui.

2. Tema: As fotografías deberán centrarse en lugares, persoas ou paisaxes que teñan un significado especial para a alumna ou alumno que as capturou. Os temas poden incluír, pero non se limitan a: o lugar de residencia, lugares de xogo da infancia, lugares de especial significado emocional, ou persoas queridas.

3. Formato: As fotografías deben ser presentadas formato dixital (.jpg, .jpeg ou .png) e teñen que ser acompañadas dun breve texto explicativo en galego (máximo de 150 palabras) que inclúa o lugar retratado, a data da fotografía, o nome do autor/a e unha breve explicación de por que ese lugar ou persoa é importante para o alumno/a.

4. Número de Fotografías: Cada participante pode presentar ata un máximo de tres fotografías.

5. Cualidade Artística: Valorarase tanto a calidade técnica como a creatividade artística das fotografías. A orixinalidade, composición e o impacto visual terán un peso importante na avaliación do xurado.

6. Envío das Entradas: As fotografías xunto cos seus textos explicativos deberán ser enviadas por correo electrónico a edlgsanpaio@gmail.com antes do prazo de peche.

7. Prazo de Envío: O prazo de envío de fotografías comezará o día 15 de Abril e rematará o día 17 de Maio de 2024.

8. Premios: O xurado seleccionará as mellores fotografías tendo en conta a súa calidade artística e a profundidade da conexión emocional co tema. Os premios serán anunciados na ceremonia de entrega de premios. Os tres primeiros premios serán obsequiados cunha camisola do oficial do IES San Paio.

9. Exposición: As fotografías seleccionadas serán expostas no IES San Paio de Tui, na súa web e nas redes sociais do EDLG durante un período de sete días para que toda a comunidade escolar poida aprecialas.page1image7388160 page1image7388352

Xurado:

page1image7388544page2image7360448

O xurado estará composto por 7 membros, escollidos de entre os membros dos EDLG e da Biblioteca do Centro, e do profesorado do Departamento de Artes Plásticas do IES San Paio de Tui. A súa decisión será final e inapelábel.

Nota Final:

O Concurso de Fotografía "Contornas Cercanas" ofrece ao alumnado do IES San Paio de Tui unha oportunidade única para compartir e celebrar os lugares e persoas que lles son máis queridos.

Animamos a todas as persoas participantes a capturar a esencia das súas contornas cercanas e a compartir as súas historias a través da fotografía.

Boa sorte a todos e todas!page2image7363136

Data: 
Mar, 09/04/2024 - 17:55
Distribuir contido


by Dr. Radut