Skip to Content

Clubes

Club Pedra do Acordo

Data: 
Xov, 03/10/2024 - 06:23

Clubs e voluntariado

Unha vez feitas as presentacións, o equipo de Biblioteca da comezo ao novo grupo de voluntariado dentro do "Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias". Os participantes que fagan un mínimo de 15 horas terannas recoñecidas por organismos oficiais da Xunta. Tamén se poñen en marcha as distintas seccións do Club de Lectura "Pedra do Acordo": Lectura en Voz Alta, Manga, Artes, Xadrez, Inglés, Adultos, Dramatización e por suposto serán benvidas todas aquelas propostas que queirades aportar. Comezamos o luns día 7 de outubro, na hora da comida, non esquezades traela! Teremos unha charla informativa. Pasade pola Biblio para recoller a autorización. Importante: non poderá quedar ninguén que non a teña entregado. Esperámosvos!!

 

Data: 
Xov, 03/10/2024 - 00:39

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores na Galiña Azul

Amadriñamentos e apadriñamentos lectores hoxe na Escolar Infantil Galiña Azul! Emoción, sorpresa, momentos compartidos, aprendizaxe...! Sesión moi enriquecedora! Esperamos voltar a compartir a maxia da lectura con vós!

Copia de Purple Reading Book Motivation School Poster de Biblio San Paio

Data: 
Xov, 20/06/2024 - 11:36

Actividades club de Manga abril

O alumnado do club de Manga participou en dúas interesantes e divertidas actividades. O día 9 de abril  adentráronse na cultura xaponesa da man de Gonzalo, compañeiro de practicum de Lingua Castelá e Literatura, e o día 12  participaron nas actividades propostas na Comic Con de Moaña: introducción ao idioma e cultura xaponesa, xincana, concurso de debuxo, concurso cosplay ou obradoiro de origami entre outras. O curso que ven máis!!!

 

 

Data: 
Mér, 29/05/2024 - 05:02

AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA

ESCANEA OU PREME NA FOTO PARA ACCEDER AO CUESTIONARIO

 

Achegándonos ao final de curso cómpre avaliar as actividades deseñadas e desenvolvidas pola biblioteca, así como do funcionamento dos servizos da propia biblioteca en beneficio da comunidade escolar e outras cuestións relativas á vida deste espazo e equipo do noso IES.

O equipo da Biblioteca do noso IES agradécevos que cubrades esta enquisa que non vos levará máis duns minutos.

Moitas grazas pola vosa participación, para nós é moi importante.

Data: 
Lun, 20/05/2024 - 11:35

25 N QUE NUNCA NINGUÉN

Fai clic no cartel para ver o acto

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 26/11/2023 - 07:36

XUNTANZA VOLUNTARIADO E CLUBS

 

 O pasado día 2 de outubro tivemos o primeiro xantar co voluntariado e participantes das distintas seccións dos clubs de lectura para organizar o curso.

Non puidemos quedar a totalidade dos membros pero aínda así eramos máis de 50!

 

 

 

 

 

 
   

 

 

 

Data: 
Xov, 19/10/2023 - 11:17

Mollándonos na lectura

O pasado martes, 17 de outubro, a climatoloxía adversa non foi quen de impedir a nosa primeira, neste curso, xuntanza oficial do club de lectura de adultos.
A sesión, duns noventa minutos, dividiuse en dúas partes.
Na principal abordamos distintos aspectos de A muller xabaril: contextualización da novela dentro da obra e das lembranzas da autora; visionado dunha entrevista con Fina Casalderrey; tratamento non tanto da muller concreta Adelina Franco como da muller en xeral vítima do desprezo, o maltrato, a incomprensión ou os aldraxes; o papel da familia da protagonista e das circunstancias históricas vividas; o comportamento de Ramiro; o maxistral uso do xénero epistolográfico no desenvolvemento da estrutura narrativa; a dosificación da información que permite manter a intriga e o interese do lector ata o final; os temas da violencia, o escarnio ou o idadismo; o rexeitamento social ao que resulta diferente e/ou rompe os moldes estabelecidos; o papel da lectura, da formación, da cultura (por algo A Muller Xabaril levaba ao lombo un saco con libros, entre outras pertenzas).
Na última parte presentamos e discutimos distintas propostas de próximas lecturas: a do vindeiro mes será, aproveitando a visita da autora ao noso centro, O ano das mazás (vivencias do pai da escritora nos tempos da posguerra: maltrato infantil na escola, nais solteiras, relixión evanxélica, estraperlo, privacións e fame). Outras suxestións lectoras correspóndense con O estranxeiro de Alex Alonso (un surrealista asasinato da pábulo a unha humorística e mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á volubilidade da xustiza); Coa man esquerda de Xabier Quiroga (un escritor recibe un curioso manuscrito no que un ancián conta arrepiantes sucesos vividos cando era neno e que lle deixarán fonda pegada) ou Unha saca da patacas de Francisco Coimbra (onde se xoga coa ambivalencia semántica do termo “pataca”: tubérculo e moeda, cun destacado protagonismo da lingua mais tamén cunha crítica social encarnada no luxo de Macau sostido co traballo precario das distintas profesións que fan posíbel o ouropel dese luxo)
Vémonos o vindeiro mes!

Data: 
Xov, 19/10/2023 - 05:52

Biblioteca do IES San Paio

Preme no recurso ao que desexes acceder:

CATÁLOGO

HORARIO

HORA DE LER

CONMEMORACIÓNS

NOVAS

RECOMENDAMOS

VOLUNTARIADO

OUTROS RECURSOS

HISTÓRICO

Data: 
Lun, 03/07/2023 - 01:29

Marilar Aleixandre. Encontro con "As malas mulleres"

O pasado luns 13 o noso alumnado de 1º de Bacharelato e algunhas integrantes do noso Club de Lectura tivemos a sorte de acudir ao encontro con Marilar Aleixandre sobre o seu libro "AS MALAS MULLERES" co que recibiu o Premio Nacional de Narrativa 2022 e o Premio Blanco Amor 2020.

 

Voltaremos a falar deste libro de Marilar na seguinte sesión do Club de Lectura que terá lugar o vindeiro martes, 18 de abril (de 18.00 a 19.00h na biblio do centro).

Quedades convidados e convidadas!

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 19/03/2023 - 10:56
Distribuir contido


by Dr. Radut