Aproveitamos este 3 de decembro para reflexionar, concienciármonos e experimentarmos en propia carne o calvario que moitas veces aturan as persoas con algún tipo de discapacidade:
teñen as instalacións do noso centro un óptimo grao de accesibilidade?
dispomos dos recursos axeitados?
satisfacemos de xeito pleno as demandas dos membros da comunidade educativa que, de xeito permanente ou puntual, viven situacións de discapacidade?,
como actuamos para ser un instituto e unha biblioteca inclusiva?,
somos quen de interpretar mensaxes pictográficas como estas?:
Ao longo da mañá, distintos grupos tentaron desentrañar eses pictogramas e cumprir as tarefas que se pedían en cada un deles, outros tentaron orientarse e cumprir misións a cegas ou deambular en cadeira de rodas e non faltaron os que follearon fondos da biblioteca ou leron textos relacionados co tema.
E como unha imaxe vale máis que mil palabras velaí un mínimo resumo en vídeo do vivido nesta xornada:
Moitas grazas a tod@s @s participantes nesta xornada desexando que tamén en todas as xornadas do ano tod@s sigamos acubillados baixo o mesmo paraugas.