Skip to Content

textos

Textos sobre bibliotecas

Unha ducia de textos sobre bibliotecas:

Data: 
Mar, 22/10/2024 - 15:14

Que din das bibliotecas? (Palabras de biblioteca)

Preme sobre os nomes e accede a distintos textos que falan sobre as bibliotecas:

Data: 
Sáb, 21/10/2023 - 15:07

Escribir a biblioteca

Preme nas lupas e atoparás textos sobre bibliotecas:

17 escritoras para o 17 de outubro, día das escritoras

O volcán da Galicia profunda

A Galicia máis ou menos profunda é un volcán dormente, de cando en vez entra en erupción.

E coa erupción prodúcese a expulsión de piroclastos como o que procedente dun xulgado marbellí acaba de aterrar (que non aterranos!) entre nós.

Xa estamos afeitos a este tipo de piroclastos formados e alimentados por visións tópicas, galaicofóbicas e descoñecedoras da nosa realidade. Nihil novum sub sole e para mostra esta pequena escolma de distintas épocas e autores: 

Leamos as idades da vida!: lecturas de escritoras para o Día das Escritoras

"Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda." (Marifé Santiago Bolaños, comisaria do Día das Escritoras 2021)

Nada mellor para visibilizar ás escritoras que ler as súas obras. Para mostra estas escolmas textuais que nos ofertan no blog das bibliotecas escolares de Galicia:

TEXTOS SELECCIONADOS POR MARIFÉ SANTIAGO

TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS

Citas de biblioteca

Textos de Nobel

Olga Tokarczuk (Sulechów, Polonia, 1962) premio Nobel de literatura 2018, autora de poemas e novelas como Os corredores (2002) ou Os libros de Jacob (2014) apenas traducida ás linguas peninsulares, é a décimo quinta muller en gañar o Nobel de literatura e a segunda polaca, despois da poeta Wislawa Szymborska.

Esta filla de mestres formouse na biblioteca escolar que atendía o seu pai onde desde nena desenvolveu unha paixón lectora indiscriminada sobre a que, xa como autora, construíu a súa obra.

Le unha  mínima mostra da súa escrita premendo aquí.

E o premio Nobel de literatura 2019 correspondeu ao austríaco Peter Handke (1942) algunhas de cuxas principais novelas son O medo do porteiro ao penalti (1970), Lento regreso (1979), Carta breve para un longo adeus (1972) ou O ano que pasei na baía de ninguén (1994). É ademais poeta de envergadura e autor dun singular ciclo de ensaios.

Don Xoán (contado por si mesmo) é a súa única obra traducida ao galego. Tamén no 2016 representouse en versión galega a peza dramática da súa autoría Insulto ao público.

 Deste escritor Nobel podes ler Las alas del deseo aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut