Onte, 8 de novembro, sacámonos de enriba unha espiña: tras varios anos in mente convertemos in re, fixemos realidade o Pedra do Acordo de adultos.
Ao redor de Nada que perder (a última novela de Susana Fortes) dez adultos, pertencentes ao profesorado e ao persoal de administración e servizos, falamos de Blanca Suances e de Lois Lobo “un adolescente con acné que practicaba piragüísmo en el equipo del instituto San Paio” que “andaba polas tascas del casco viejo con los libros bajo el brazo” colgando ás aulas acompañado dunha “jovencita de pelo largo”, indo da man “por las calles empinadas de piedra con balcones de hierro forjado y galerías acristaladas, en las que siempre había alguna mujer cosiendo que los miraba por encima de las gafas cuando se daban un arrumaco” e que unha noite improvisaba “un fado con la guitarra en la plaza de la Estrella, frente al Miño”. Na nosa posta en común a partir da novela non faltaron referencias aos “nenos de Trasaguas”, aos mecanismos selectivos da memoria, aos tópicos da Galicia rural e o carácter dos seus habitantes, ás supersticións e á mitoloxía, ás pegadas da Guerra Civil no Baixo Miño, ao contrabando e o narcotráfico, á queima de libros... O tempo pasaba e quedamos citados para o próximo 22 cando remataremos con Nada que perder e comezaremos con Golpes de Luz.
De certo, os adultos lendo e comentando as nosas lecturas non temos “Nada que perder”