Aproveitamos o último día de clase do trimestre e do ano para facer entrega dos premios @s gañador@s do concurso de contadas de medo. A nosa compañeira escritora Iria Misa fixo entrega de libros da súa autoría (Xa non estou aquí, Segredos no Solpor e Mamá, quero ser Ziggy Stardust) con dedicatorias personalizadas a cada premiad@; axendas, marcapáxinas e diplomas completaron o recoñecemento a:
Alba Estévez e Marcos Cruces (1º premio)
Heimi Olalla, Lucía Pérez e Samuel Vaz (2º premio)
Elena Carrera, Carla Moledo e Mirem Moledo (3º premio)
Rebeca Pereira, Marta Quinteiro e Marta Rodríguez (accésit)
Parabéns a tod@s @s participantes e, dun xeito especial, @s galardonad@s!