Skip to Content

actividades

25N: NON MÁS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Recursos para traballar este 25N nas titorías e nas clases:

 

* Manifesto

* Comentario de Dani Macaco sobre a canción escrita por él e por Thomas Tirtha Rundqvist, “Quiéreme bien”

* Letra da canción Quiéreme bien”

* Videoclip

* ExposiciónMulleres perigosas, mulleres en perigo”, desenvolvida ao abeiro do Plan Proxecta 2023-24 no IES Mendiño.

 

A exposición foi realizada pola catedrática de Lingua Castelá do centro, Catalina Míguez Vilas, e coordinada pola profesora de Relixión

Almudena Suárez Cerviño.

Esta exposición nace coma unha exposición viaxeira para ser compartida e prestada polos centros que así o desexen.

Está en formato paneis e consta dun cuestionario para que o alumnado realice mentres fai o percorrido.

 

 

 

Data: 
Mér, 20/11/2024 - 00:23

GAÑADORES CONCURSO DE SAMAÍN

Aquí están os nosos flamantes gañadores das contadas de Samaín 2024
Parabéns a tod@s @s participantes, sodes fantástic@s 

Data: 
Ven, 08/11/2024 - 05:23

CERTIFICACIÓNS DO VOLUNTARIADO

Despois de todo un curso de bo traballo, chegan as certificacións do noso voluntariado. Que mellor día para recibilas que no día das BIBLIOTECAS
Parabéns!!!
Sodes o corazón da Biblio!!!

   
  

 

 

Data: 
Ven, 25/10/2024 - 08:57

Belén Padrón: a nosa protagonista para o XIII Tui Le

    A nosa participación nesta XIII edición do Tui Le producirase na segunda quenda, a partir das 12 horas. Compartiremos quenda cos CEIPs nº 2, Randufe e Guillarei, co colexio Santa María-Maristas e co Seminario Menor San Paio.
    O noso cartel para este Tui Le ten como protagonista a BELÉN PADRÓN GARCÍA (Oviedo, 1976) que, en pasados cursos, formou parte do claustro do noso instituto. Licenciada en Belas Artes,  Premio Extraordinario Fin de Carreira, participou en numerosas exposicións individuais  e colectivas, deseñou carteis para concursos de relatos e poesía ou para o IV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (Pontevedra, 2003)  e ilustrou libros como Tempo transfigurado de Cesáreo Sánchez Iglesias, A historia invisible do bico Simón, Xil Moniz, A vendedora de mistosRosalía de Castro.  Escolma Poética ou poemas de Miguel Hernández, autor do que acabamos de celebrar o seu oitenta cabodano.
    O estilo  de Belén Padrón está cheo de forza que se reflicte no modo de tratar a cor e de organizar as súas composicións. Estas teñen como protagonista principal a vexetación: follas, talos, flores e pétalos dispostos en diferentes planos cun exuberante  cromatismo que achegan unha gran luminosidade aos seus lenzos e ilustracións.
    De Belén queremos destacar a proximidade e amabilidade que a definen tanto nas aulas co alumnado como cos compañeiros e compañeiras. Gustounos escoitar do alumnado que realizou o cartel que recordan con cariño o seu bonito sorriso que sempre a acompaña.
    E Belén, ademais da súa calidade humana e docente, representa a riqueza creativa e profesional que temos nos nosos centros. Profesoras e profesores que ademais de dar clase adican o seu tempo libre a outras tarefas artísticas, literarias, investigadoras… cun grande éxito.

XIII Tui Le

Estamos en festas. Ler para nós tamén é unha festa. Que mellores datas que estas para celebrar a lectura! Por iso este  venres, 22 de abril, véspera do Día do Libro, recuperamos a presencialidade do Tui Le, na súa XIII edición.
Case medio milleiro de escolares pertencentes aos CEIPs nº 1, nº 2, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe e Rebordáns, ao CRA “Mestra Clara Torres”, ao Colexio Santa María-Maristas, ao Seminario Menor “San Paio” e ao noso IES participarán, repartidos en dúas quendas (a primeira ás 10,30 e a segunda ás 12,00) nas actividades desta xornada patrocinada pola Biblioteca Pública Municipal xunto coas bibliotecas escolares da inmensa maioría dos centros educativos tudenses e financiada polo Concello.
Baixo o lema “Letras en feminino/Letras de muller” cada centro presentará un póster centrado nunha autora ou ilustradora galega ou vencellada á literatura galega (María Canosa, Paula Carballeira, Fina Casalderrey, Rosalía de Castro, María do Cebreiro, Ledicia Costas, Exeria, Iria Misa, Mª Victoria Moreno, Marisa Núñez, Belén Padrón e Anais Rodríguez) e achegará datos básicos da súa vida e obra.
Haberá, con carácter voluntario, un intercambio de libros usados entre o alumnado dos distintos centros.
Contaremos tamén co compositor, guitarrista, cantante e actor Xoán Curiel que ofrecerá o seu espectáculo “Cantando as nosas letras”, no que fai un achegamento musical a Xela Arias, Antonio Fraguas, Carvalho Calero ou Delgado Gurriarán, entre outros autores.
Daremos así remate a esta iniciativa de cooperación bibliotecaria, que nos dous últimos anos adoptou un formato virtual por mor da pandemia e que xa é un clásico no calendario da nosa primavera cultural, do abril dos libros ao maio das letras.

Un resumo do noso 25 N

8M- Entrevistas ás nosas heroínas.

OU ACCEDE DESDE AQUÍ AO VÍDEO  As nosas heroínas 

O "San Paio" en alerta morada pola violencia machista!

    Neste inusual 25 N, a pesar dos protocolos anticovid, fomos quen de realizar diversas actividades para non esquecer a outra pandemia que ataca, sen tregua, a metade feminina da poboación mundial.
   En distintos lugares do centro apareceron tendais de camisetas, con mensaxes contra a violencia machista, elaboradas nos últimos días nas distintas titorías.

 

    Varios grupos de alumnos asistiron na biblioteca a proxección de vídeos sobre micro e macromachismos que deron pé a comentarios e animadas postas en común.

 

    O xa habitual acto conxunto en lembranza das vítimas, foi substituído por un percorrido polas distintas aulas a cargo dun grupo de alumnado pertencente aos club de lectura e oralidade “Conto contigo” e ao voluntariado de biblioteca: estes doce embaixadores prestaron a súa voz o breve manifesto "Sácate a máscara, sácalle a máscara!":

    “Non somos negacionistas, mais na pandemia da violencia machista cómpre desenmascararnos.
    Cómpre desfacernos das máscaras propias que enchen de bafo os nosos ollos fronte a comportamentos que rematan na labazada, no menosprezo... e, en moitas ocasións, no asasinato da muller.
    Cómpre tamén arrincar as máscaras dos consentidores, dos malfeitores, dos asasinos para descubrir a súa  verdadeira faciana. Non permitamos que pasen por mansos e pacíficos años os que, en verdade, son sanguentos e voraces lobos!
    Cando rematará a  pandemia da violencia contra as mulleres?
    Para cando a vacina que nos inmunice do machismo asasino?


manifesto que foi acompañado da recitación de poemas pertencentes a Xhevdet Bajraj, Rocio Cáceres, Julio Collado, Paulo J. Costa, Elena Díaz Santana, Enrique García Trinidad, Dyonisia Karpouzis, Manuel Osuna, Carmen de Silva, Hiroski Tomita, Concha Vilches ou Helena Villar Janeiro.

 

 

    Grazas a todos e que o vivido nesta xornada sirva para que o resto das xornadas do ano respectemos e fagamos respectar á metade feminina da humanidade!

14 DE FEBREIRO: Día do amor

 AMOR É RESPECTO POLOS AFECTOS, PAIXÓNS E RELACIÓNS DE TODAS AS PERSOAS QUE FORMAMOS ESTA COMUNIDADE EDUCATIVA

Navega pola presentación, responde a unhas preguntas que temos preparadas na biblioteca e gaña o teu premio.

Serás quen?

 


 

II Comic-con Tuitaku

O vindeiro luns 10 de febreiro, o Club Tuitaku convida a 5 clubes (IES de Valadares e Alexandre Bóveda de Vigo, IES As Barxas de Moaña, Escolas Proval de Nigrán e o IES Indalecio Pérez Tizón de Tui) a pasar a xornada lectiva no noso centro na nosa II Comic-con ofrecéndolle un abano dunhas quince actividades distintas nas que van participar.

 

Ademais disto nesta Comic-con dous centros convidados desenvolverán as súas propias actividades: Unha simbiose total.

 

O grupo Tuitaku, formado por uns 45 alumnos e alumnas, están a traballar sen descanso para ofrecer este evento ás casi 100 persoas convidadas. Unha gran aprendizaxe e traballo colaborativo que non deixa de ser un gran paso no desenvolvemento de moitas das competencias clave.

 


 
Distribuir contido


by Dr. Radut