A Neve
A NEVE nace nas altas montañas, nos mananciais ennobelados, nos cumios esguíos. A neve viaxa en tanques de cristal, en vasos de coiro, en vidros finísimos, en ánforas de sede. A neve é agasallo, té de chafarís, tenda de folerpas. A neve é caricia neste tempo de conforto.
Lucía Novas Garrido (Bueu, 1979) in Neve (Espiral Maior, 2010)
|
|
|