Skip to Content

Feminismo e Machismo

En toda a súa obra e na súa vida hai unha defensa das mulleres e unha denuncia contra os hábitos machistas da súa sociedade:

UN REPOLUDO GAITEIRO

Un repoludo gaiteiro
De pano sedán vestido,
Com´un príncipe cumprido,
Cariñoso e falangueiro,
Antr´os mozos o pirmeiro
E nas siudades sen par,
Tiña costum´en cantar
Aló pola mañanciña,
Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei d´enganar.

     Sempre pola vila entraba
Con aquel de señorío,
Sempre con puxante brío
Co tambor se acompañaba:
E se na gaita sopraba
Era tan doce soprar,
Que ben fixera cantar
Aló pola mañanciña,
Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei d´enganar.

     Todas por el reloucaban,
Todas por el se morrían,
S´o tiñan cerca, sorrían,
S´ o tiñan lonxe, choraban:
Mal pecado! Non coidaban
Que c´quel seu frolear
Tiña costum´en cantar
Aló pola mañanciña,
Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei d´enganar.
Camiño da romaría
Debaixo d´unha figueira,
Canta meniña solteira
¡Quérote! lle repetía...
Y el c´á gaita respondía
Por a todas embaucar,  
Pois ben fixera en cantar
Aló pola mañanciña,
Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei d´enganar.
 
Esas louquiñas bailaban
E por xunta d´el corrían,
Cegas... cegas que non vían
As espiñas qu´as cercaban;
Probes palomas buscaban
A luz qu´as iba queimar
Pois qu´el soubera cantar
Aló pola mañanciña,
Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei d´enganar.

     ¡Nas festas, canto contento!
¡Canta risa nas fiadas!
Todas todas namoradas
Deranll´ó seu pensamento;
e el que d´amores sedento
Quixo a todas enganar,
Cand´as veu dimpois chorar
Cantaba nas mañanciñas,
Non sexan elas toliñas
Non veñan ó meu tocar.


book | by Dr. Radut