Skip to Content

Rosalía, escritora en lingua e terra galega

Cando Rosalía escribe faino desde a conciencia de que o seu é un dialecto “suave e mimoso”, pero “sen gramáticas nin regras”, e defende unha terra fermosa, que naquel tempo moita xente pintaba coma pobre, fea e inculta. Por iso, o seu é un acto valente, feito ademais por unha muller nun mundo no que as mulleres están relegadas a ser unicamente espectadoras. Faino para defender unha terra inxustamente aldraxada e faino desde o principio con recedume, contra todos os que a atacan:


portada Cantares GallegosCantos, vagoas, queixas, sospiros, serans, romerias, paisaxes, debesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, tod' aquelo en fin que pó-la sua forma e colorido e dino de ser cantado, todo ó que tuvo un eco, un-ha voz, un runxido por leve que fosse, que chegase á conmoverme, tod' esto m' atrevin á cantar neste homilde libro prá desir un-ha vez siquera, y anque sea torpemente, ôs que sin razon nin conocement' algun nos despreçan, qu' a nosa terra é dina d' alabanzas, e qu' a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nás mais ilustradisimas províncias, c' un-ha risa de mofa, qu' á desir verdade (por mais qu' esta sea dura), demostra á iñorancia mais crasa y á mais imperdoable inxusticia, que pode facer un-ha provincia á outra provincia hirman por probe qu' esta sea. Mais he aqui qu' ó mais triste nesta cuestion, é á falsedade con que fora d' aqui pintan así ôs fillos de Galicia com' á Galicia mesma, á quen xeneralmente xuzgan ó mais despreciable e feyo d' España, cando acaso sea ó mais hermoso e dino d' alabanza.  

(fragmento do prólogo de Cantares Gallegos)

 



book | by Dr. Radut