Skip to Content

Normas de seguridade

PrecauciónRECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE NO TRABALLO COAS FERRAMENTAS


 

 

 


  1. As ferramentas deben empregarse e conservarse en bo estado.

  2. Unha vez empregadas, as ferramentas deben gardarse no lugar asignado: caixóns, paneis, caixas ou estantes.

  3. Deben conservarse as fundas protectoras das ferramentas cortantes.

  4. Non se deben abandoar as ferramentas en sitios non axeitados: corredores, fregadeiros ou lugares elevados.

  5. Empregar cada ferramenta para o seu uso correcto.

  6. Comprobar o estado da ferramenta antes de empregala.

  7. Seleccionar a ferramenta axeitada para cada uso.

  8. Revisar os cables das ferramentas eléctricas para asegurarse de que non están pelados ou rotos.

  9. Empregar os elementos de protección axeitados para cada caso: luvas, cascos, gafas e máscara.

  10. Se non estamos seguros de cómo se manexa unha ferramentas preguntamos ao profesor/a.

  11. Non debemos distraernos con outras cousas cando estamos manexando algunha ferramenta.

  12. Engrasar de vez en cando as partes móbiles das ferramentas.

  13. Limpar as ferramentas ao rematar o traballo.



book | by Dr. Radut