Skip to Content

Xaneiro 2013

Vai frío e saímos ao monte
buscar leña e tamén traemos
piñas coas que prender o lume.
Sobre a lareira dispoñemos
as achas e as chamas inician
con vehemencia a combustión
da periferia ata que o lume
se instala na cerna do bosque
e reina coma un deus inapelable
a quen se lle rende o sacrificio das horas.
Pola cheminea medra unha flor de fume
que esfolla o vento.

 

Eva Veiga (1961-), A luz e as súas cicatrices



page | by Dr. Radut