Novembro 2012
Quixera dicir tanto e non digo nada Quixera expresar verbas doces Andoriñas bulideiras que saíran da miña boca E non digo nada... Quixera soltar a mapoula Que pechada sobrevive Ao cru inverno E non digo nada... Quixera dicir tanto e acabo... Acabo amando en silencio Un silencio que cheira a morto Un silencio sepulcral Quixera dicirche tanto Pero acabo... Acabo calando... (Rosa Martínez Vilas, rosanegra, 1974-) |