Actividades extraescolares
Visita a Allariz do alumnado de 3º ESO. Curso 2011/2012
O Luns 14 de Maio os rapaces e rapazas de 3º ESO A, C e PDC viaxaron ata Allariz para visitar a central de biomasa "Bioallarluz". Alí os responsables da central lles explicaron cómo se pode aproveitar a biomasa, neste caso restos de madeira procedente das limpezas dos montes de Ourense e madeira de desperdicio dalgunhas empresas, para obter enerxía eléctrica.
Despois da central eléctrica foron ao "Ecoespazo o Rexo" , alí desfrutaron das pinturas e esculturas que o artista Agustín Ibarrola fixo nun entorno natural.
Para rematar a visita fixeron un percorrido guiado pola vila de Allariz, visitando os museos do Coiro, do liño e do xoguete.
Podes ver tódas as imaxes na nosa Galería
Visita ao CITEXVI: Alumnado de 1º Bacharelato. Curso 2011/2012
Podes ver as fotos da visita que fixeron os alumnos de 1º de Bacharelato a CITEXVI o pasado Martes 14 de Febreiro. Galería
No Blog de EficienTIC temos as fotos que nos fixeron os membros da organización.
Visita ao Parque eólico de Sotavento. Curso 2009/2010
Os alumnos e alumnas de 3º da ESO e 4º de PDC visitaron o parque eólico experimental de Sotavento, podes ver as fotos da visita na nosa Galería de imaxes. Se queres saber máis das enerxías alternativas e de como aforrar enerxía na túa casa, visita a súa páxina web: http://www.sotaventogalicia.com
Visita á escola de Minas Curso 2008/2009