VALES MATERIAL ESCOLAR
Este luns, 20 de maio, publicouse no DOGA a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos l e ll), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2024&numpub=1&lang=es
O prazo remata o venres 21 de xuño (este incluido).
Recordamos que o alumnado do noso centro só ten dereito ás axudas para material escolar, xa que toda a ESO está dentro do programa de libro electrónico E- Dixgal.
Para resolver calquera dúbida pódese chamar ao centro en horario de 09:00 a 14:00.