Skip to Content

Atención ao alumnado con materias pendentes (Música)

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES
PROGRAMA DE REFORZO

O alumnado que durante o presente curso teña sen superar do curso anterior algunha das materias do Departamento deberán realizar traballos de reforzo sobre os contidos da materia do curso anterior e probas de carácter instrumental.


Os traballos e as probas prácticas aparecerán na aula virtual no curso ”Recuperación de pendentes”.

CRITERIOS PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES

Deberán entregar traballos de reforzo sobre os contidos da materia do curso anterior e interpretar pezas instrumentais.


Tanto a parte teórica coma a instrumental serán valoradas ao final de cada trimestre sen coincidir coas probas trimestrais do presente curso.


No caso de non entregar estes traballos terán opción de realizar unha proba teórico/práctica ao final de curso.



page | by Dr. Radut