Skip to Content

Atención ao alumnado con materias pendentes (Francés)

PROGRAMA DE REFORZO

E

CRITERIOS PARA SUPERAR A MATERIA PENDENTE

O alumnado que promocionou coa materia pendente Fracés 2ª Lingua Estranxeira será convocado a unha primeira xuntanza pola Xefatura do Departamento ao longo das primeiras semanas de curso. Recibirá información escrita do plan de reforzo que se levará a cabo. Elaborado polo profesorado que imparte a materia este plan ten como referentes os obxectivos da materia e a adquisición das competencias.

 

O alumnado deberá realizar  exames trimestrais e os boletíns para superar e recuperar a materia :

- Exames trimestrais ( segundo as datas que estableza a Xefatura de Estudos) que suporán o 50% da nota. 

- Boletíns de exercicios e/ou actividades. Estes boletíns, entregados puntual e satisfactoriamente,  suporán o 50 % da nota.  No primeiro, segundo e terceiro trimestre facilitaranse uns boletíns con exercicios  e actividades ao alumnado coa materia pendente.  As actividades dos boletíns deberán facerse na casa ao ritmo de cada alumno e deberán ser entregados nos prazos que se lles indique. A distribución, corrección e cualificación das actividades de avaliación será levada a cabo pola profesora que imparta clase no nivel ou, se non a cursara actualmente, pola xefa de departamento. Os boletíns serán elaborados a partir das actividades do manual do alumno.

A nota final será a media aritmética dos tres trimestres. O alumnado, para superar a materia, deberá acadar o cinco (5) sobre dez.



page | by Dr. Radut