Skip to Content

Atención ao alumnado con materias pendentes (Inglés)

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES

PROGRAMA DE REFORZO

E

CRITERIOS PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES

CURSO 24/25

En cada avaliación, o alumnado realizará as tarefas establecidas polo profesorado no curso establecido para o nivel que deba recuparar e que atopará en EVA-Edixgal (para os cursos de ESO) e na Aula Virtual do centro (para 1º de Bacharelato) e realizará unha proba escrita sobre os contidos do trimestre correspondente traballados nas tarefas asignadas.

 

A cualificación parcial trimestral corresponderá ao 80% de cualificación da proba escrita máis o 20% da cualificación das tarefas, e redondearase ao número enteiro máis próximo no intervalo 1–10.

 

Unha vez realizada a terceira avaliación parcial, calcularase a cualificación final correspondente, que consistirá na media aritmética das tres cualificacións parciais ou na última delas, a que sexa maior, redondeada ao número enteiro máis próximo no intervalo 1–10.

 

O alumnado que despois da terceira avaliación e de facer a media ponderada do curso non obteña unha cualificación final igual ou superior a 5 puntos realizará unha proba dirixida a avaliar a superación dos contidos do curso. O alumnado que acade nesta proba unha nota igual ou superior a 5 obterá unha cualificación positiva na materia pendente.



page | by Dr. Radut