Skip to Content

Liñas de transporte ao IES, uso seguro e alumnado de Bacharelato

 

  • Liñas de transporte
LIÑA ITINERARIO HORA DE INICIO
XG85900701 FRINXO, CIRCOS, EIRADO, SEIXAL, VIRXE DO CAMIÑO, TUI (MAGNOLIA), MERCADO DE ABASTOS, IES SAN PAIO 07.55 H
XG85900901 RANDUFE CRUZ, RANDUFE COLEXIO, CRUCEIRO DO MONTE, CEIP DE RANDUFE, IES SAN PAIO 08.25 H
XG85901601 VILAPOUCA, SAÍDES, ANTA ARRIBA, ANTA ABAIXO, CRUCE SOBRADA, TOXEIRA, REGUEIRO (AREAS), GAIOS, SAN MARTIÑO (GADIS), IES SAN PAIO 08.05 H
XG85902201 ROTONDA GUILLAREI, SOUTO III, SAMBADE, CRUZ, DEVESA ARRIBA, DEVESA ABAIXO, IGREXA MALVAS, PADERNE, VILANOVA, IGREXA PEXEGUEIRO, FONTESECA, PARADOR, MARCO, IES SAN PAIO 07.48 H

 

  • Transporte integrado e alumnado de Bacharelato:
    • Desde o pasado 8 de xaneiro de 2021, o IES San Paio é un dos centros que pasou a ser atendido a través do servizo de transporte integrado (compartido por escolares e viaxeiros) e xestionado polo Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial.
    • A Instrución conxunta 1/2022 establece as liñas xerais de organización e funcionamento do transporte, tanto o escolar como o integrado. Entre outras establécese que o alumnado de estudos post-obrigatorios, como o Bacharelato, e menor de 21 anos, terá a condición de viaxeiro, e non a de usuario con dereito a transporte escolar. Xa non pode polo tanto solicitar ou reservar praza no transporte integrado, pero si pode usalo sempre que estea dispoñible e empregue as paradas establecidas.
    • Para que o acceso ao servizo integrado non teña custo económico para as persoas usuarias, deberán facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova, unha tarxeta monedeiro coa que os importes inicialmente abonados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa. Sen esta tarxeta o usuario deberá abonar o billete de autobús ordinario, perdendo o dereito á devolución posterior por parte da administración.
    • Máis información en www.bus.gal


page | by Dr. Radut