Eleccións Consello Escolar 2022
Corresponde no curso 2022/23 a renovación dos consellos escolares dos centros sostidos con fondos públicos. No IES San Paio toca renovación parcial de membros nos seguintes sectores: profesorado, nais/pais e alumnado. A continuación, irase incorporando, para a súa consulta pública, toda a información relativa ao procedemento, así como os documentos que se vaian xerando a medida que o proceso avance (tamén dispoñibles no taboleiro da Secretaría).
- Resolución do 19 de setembro de 2022
- Normativa reguladora e circulares aclaratorias
- Calendario provisional do proceso electoral
- Data e hora do sorteo público para a designación da Xunta Electoral
- Circular de comunicación ás familias
- Resultado do sorteo público
- Acta da 1ª reunión da Xunta Electoral (calendario definitivo)
- Censos provisionais (publicados no taboleiro da Secretaría do centro; prazo de reclamacións ata o 17 de novembro, na Secretaría)
- Profesorado
- Nais/Pais
- Alumnado
- Composición do Consello Escolar a renovar
- Cartel das eleccións
- Impreso de candidatura ao Consello Escolar (a presentar do 11 ao 18 de novembro, na Secretaría)
- Acta da 2ª reunión da Xunta Electoral
- Listaxe de candidaturas
- Censos definitivos (os publicados no taboleiro da Secretaría do centro)
- Papeletas de votación
- Sorteo e designación dos membros das mesas electorais
- Organización da xornada de votación
- Cartel das urnas
- Acta da 3ª reunión da Xunta Electoral (non reunida; sen reclamacións que atender)
- 29 novembro: votacións para todos os sectores:
- Última reunión da Xunta Electoral
- 12 decembro: constitución do novo Consello Escolar
- 16 decembro (máx): remisión do informe do proceso á Xefatura Territorial (fin do proceso)
Animamos a toda a comunidade educativa a que participe destas eleccións, xa que o Consello Escolar é o órgano de maior representación e constitúe unha boa maneira de contribuír a un mellor funcionamento do ensino público.