Normas Covid 2022/23
Segundo as instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da COVID-19 no ámbito educativo no curso 22-23, este ano non haberá un protocolo específico de adaptación ao contexto da COVID-19 nas aulas. Porén, ditas instrucións recollen unha serie de recomendacións para o novo curso:
- Ventilación de espazos, realizando ventilación cruzada frecuente nas instalacións, sobre todo ao inicio e remate da xornada, durante os recreos e entre clases.
- Hixiene de mans e hixiene respiratoria, promovendo o lavado de mans regular e recomendando tusir ou esbirrar sobre a cara interior do cóbado ou nun pano.
- Uso de máscara, sendo obrigatorio no transporte escolar e recomendable no caso das persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-19 ou outra sintomatoloxía respiratoria, e naquelas persoas con criterios de vulnerabilidade.
As persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-!9 non precisan illamento pero deberán utilizar máscara e manter unha hixiene de mans e respiratoria axeitada e evitar interacionar con persoas vulnerables. En calquera caso, se a sintomatoloxía impide asistir con normalidade ao centro, non se acudirá, como en calquera enfermidade común.