Skip to Content

O IES San Paio, seleccionado para probas PISA

 

O noso centro foi un dos 58 seleccionados en Galicia pola OCDE para formar parte da mostra do estudo principal PISA 2022. Trátase dun programa que avalía os resultados educativos do alumnado de 15 anos en lectura, matemáticas e ciencias, ademais de noutras áreas como a competencia financeira ou o pensamento creativo.

Poden consultar a nosa carta ás familias premendo nesta ligazón.

Sobre as probas PISA no noso centro:

  • Cando? Terán lugar neste mes de abril, ao longo dunha mañá.
  • Quen? Participarán 42 alumnos/as escollidos aleatoriamente de entre os nacidos en 2006. Non saberemos quen serán eses alumnos/as ata o mesmo día da proba.
  • Como? A proba será en galego e realízase con ordenador aportado pola organización, cunha proba cognitiva de lectura, ciencias, matemáticas e unha área innovadora, que este ano será o pensamento creativo, e un cuestionario de contexto.
  • Canto? Durará case toda a mañá, desde as 8.45 h ata as 13.30, aproximadamente, e con descansos propios que, pola particular estrutura organizativa da proba, non coincidirán cos nosos recreos.
  • Preparación? As probas PISA non se deben preparar, pero si é bo coñecer de antemán que tipo de exercicios contén. Pódense consultar exemplos de probas liberadas, premendo nesta ligazón.
  • Resultados? A publicación dos primeiros resultados prevese en decembro de 2023, pero non se obteñen resultados por alumno/a nin por centro; obteranse só resultados xerais a nivel Galicia, resto de comunidades, países participantes e a media da OCDE.

 

AdxuntoTamaño
Carta ás familias PISA.pdf538.41 KB


page | by Dr. Radut