Outubro 2021: "Rogo" de Xavier Seoane
Rogo
OH VIDA,
das xeracións de rapaces
que pasaron pola miña aula,
a cantos fixeches felices,
a cantos axudaches a cumprir as súas ansias,
a cantos destruíches, a cantos maltrataches?
Non
derramarás os teus mellores dons
na súas fráxiles mans?
Oh vida. Se tés entrañas,
que non teñan que cumprir o labor dun heroe
para sacar os fillos cara adiante
e gozar dunha vida minimamente amable.
Oh vida, ten piedade dos rapaces
que abandonan as aulas.
(in Razón do Desencanto, Xavier Seoane, 1954)