Skip to Content

As catro décadas da xeografía vital de Xela Arias

De Sarria a Vigo pasando por Lugo, Santa Comba, Santiago, Pontevedra, Chapela, Moaña, A Guarda ou Cangas: velaquí algunhas das etapas do periplo xeográfico de Xela e a estes lugares cómpre engadir moitos outros percorridos a través das súas múltiples traducións e recitais porque para ela a poesía non era só palabra escrita, tamén era palabra viva, palabra proclamada, palabra comprometida para mellorar o mundo.

A existencia de Xela foi demasiado breve (aquelas ás que os deuses aman, morren novas) mais os seus camiños foron longos, cheos de aventuras, cheos de experiencias.

Se como dixo outro poeta as nosas vidas son ríos que desaugan no mar, Xela xa é mar pero -Marica Campo dixit- O mar era a palabra e Xela igual que a deusa / xurdíu dunha vieira e pousou o sorriso onde ancorou o tempo.



page | by Dr. Radut