Skip to Content

CONVOCADAS PRAZAS DE RESIDENCIA NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES PARA REALIZAR ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS NO CURSO 2020/2021

REQUISITOS:

 

1. Estar matriculado/a en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2020/21 (centros públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo).


2. Non repetir curso. Excepcionalmente
 e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.

 

Por causas debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa. 

3. Non ter sido expulsado/a no curso anterior dun centro residencial nin estar sometido/a a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.


4. A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que: 

 

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

 

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade. 

Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.
 


Existen ademais outros requisitos económicos e unha valoración académica para obter unha praza bonificada.

 

Convocatorioa coa información e a solicitude

Información na web da Consellería



page | by Dr. Radut