Skip to Content

Programación educativa 'Aprendemos na casa' do Ministerio de Educación e CRTVG para facilitar o aprendizaxe durante a suspensión de clases presenciais

CRTVG

A Televisión de Galicia vai emitir, desde o luns   e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra coronavirus. Esta medida foi aprobada este sábado polo Centro de Coordinación Operativa establecido en Galicia para tratar a emerxencia.

Programación: http://www.crtvg.es/tvg/programacion/canle/tvg2/data/23-03-2020MEFP

 

O Ministerio de Educación y Formación Profesional pon en marcha a partir do luns 23 de marzo, en colaboración con Radio Televisión Española (RTVE), 'Aprendemos en casa', unha iniciativa dirixida a alumnos e alumnas de 6 a 16 anos que pretende facilitar a aprendizaxe durante a suspensión de actividade lectiva presencial motivada polo estado de alarma decretado polo Goberno para conter a propagación do coronavirus.

Trátase dunha programación especial de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en  Clasituaci TV e na 2 de TVE. 

 

Grella de Programación de Clan TV e A 2 de TVE

 

Na 2 de TVE, os estudantes de 12 a 14 anos poderán gozar destes contidos, adaptados á súa idade, e no mesmo orde de materias por día da semana que nos casos anteriores, entre as 12:00 e as 13:00 horas; e os de 14 a 16 anos, na seguinte franxa horaria.Horarios de Aprendemos en casa

 



page | by Dr. Radut