Skip to Content

Introducción á ORIENTACIÓN A PÉ. 1º ESO

Angel A. Serto e Ricardo Figueroa de XESTA AVENTURA, que xa son como da casa, viñeron ao centro a acercar a Orientación a Pé a 44 alumnos e alumnas de 1º (aos que se uniron uns cantos de 3º de ESO en canto se enteraron da actividade).

Comezamos cunha charla cos puntos clave a ter en conta nunha Carreira de orientación a pé tipo score para pasar a facer un entreno ao estilo do que será a Carreira á que iremos o mércores 11 de marzo: Zonal Escolar de Orientación a Pé de PONTEVEDRA.



page | by Dr. Radut