De amoribus (X) ÁLVARO POMBO
- Conmemoracións |
- amor |
- BREAKOUT |
- conmemoracións |
- de amoribus |
- Xogo
ÁLVARO POMBO
Poeta e escritor nado en Santander o 23 de xuño de 1939. Estudou Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid, completando a súa formación no Birkbeck College de Londres. É coñecido pola súa obra narrativa e polo seu activismo político.
Pombo iniciouse na literatura de mans da poesía con Protocolos e pronto conseguiu o seu primeiro éxito ao gañar o Premio Bardo. En 1983 resultou gañador do Premio Herralde afianzándose como unha voz fundamental na narrativa contemporánea española, algo que confirmaría máis tarde co Premio Nacional de Narrativa por Donde las mujeres, o Planeta por La fortuna de Matilda Turpin ou o Nadal de 2012 por El temblor del héroe.
A profundidade psicolóxica e filosófica dos seus personaxes vai unida sempre a un peculiar sentido do humor.
Na obra de Pombo apréciase o seu interese pola situación da homosexualidade en España. El mesmo viviu a represión franquista por ser homosexual durante os tempos da ditadura. Foi despedido do seu cargo de profesor e tivo que fuxir do país.
En 2002, Pombo foi elixido membro da Real Academia da Lingua Española, onde ocupa a cadeira j minúscula.
http://www.lecturalia.com/autor/675/alvaro-pombo
http://image.posta.com.mx/sites/default/files/pombo.jpg